Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA, 0 - R. DE NEDA, 3.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA, 0 - R. DE NEDA, 3.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Numancia 0 - R. de Neda 3. Prados Vellos 31/05/12.¡¡¡ QUÉ CALOR ¡¡¡

Partido da 10ª  xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol –8 disputado na tarde do pasado xoves en Prados Vellos ante numeroso público. 

 

Xoves 31 de maio de 2012

NUMANCIA: Isma, Brais, Ángel, Xerar, David, Lucas, Axel, Sergio Gil, Iker, Dani, Hugo, Aketx e Sergio Feal.

 



Nunha tarde de impresionante calor, mediron as súas forzas o Numancia e o Rápido de Neda na cateogoría biberón en Prados Vellos. Claro está que as altas temperaturas e o sol condicionaron o encontro, debilitando as facultades físicas e de concentración dos nenos de ambos equipos.

No partido, o Numancia intentou combinar para chegar a portería nedense con perigo. Foi capaz de facelo pero neste partido non estivo nada acertado nos últimos metros polo que non poido conseguir ningún tanto. O Neda pola súa contra, aproveitou a sua superioridade física nas carreiras e disputas de balón además de estar moito mais efectivo nos últimos metros. Con este panorama o anécdotico resultado do partido foi de Numancia 0 - Neda 3.

Agora, toca repoñer forzas este sábado no xantar de convivencia en Santa Catalina. Posteriormente, o vindeiro xoves día 7 o Numancia xogará ó último partido do Torneo AFACO ante o Galicia de Mugardos en Prados Vellos ás 17:30 no que espera contar con todo o apoio da sua fiel afección para despedir a temporada futbolística en Ares.

Para rematar, o sábado 9 o Numancia biberón participará no “Maraton Vila de Neda” xusto antes de traballar intensamente na confección das alfombras do Corpus aresán.

Xa para finalizar a temporada, o martes 12 gran partido ante ás mamás con posterior merenda e sorpresas.

Esperemos que a calor non afecte nin a ós nenos, nin tampouco ós adultos. A desfrutar dunha magnífica galería fotográfica do partido para relaxarse e reflexionar.

Hoxe mais que nunca:

“NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO”

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.