BIBERONS. X. CABANAS, 1 - NUMANCIA, 2.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. X. Cabanas 1 - Numancia, 2. San Martín do Porto 12/05/12BROCHE DE OURO PARA O FÚTBOL SALA.

Partido da última xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado este sábado no pavillón de  San Martín do Porto, en Cabanas.


San Martin 12 de maio de 2012.

NUMANCIA: Isma, David, Ángel, Hugo, Aketx, Axel, Iker, Xerar, Sergio Feal, Brais, Lucas, Dani e Juan.

Chegaba o turno do último partido da tempada de fútbol sala para o Numancia biberón. Partía hacia Cabanas unha auténtica caravana de coches con nenos e familiares, xa que nesta preciosa mañá de sábado participarían no partido todos os xogadores disponibles, un total de 13 para un partido de fútbol sala coa única excusa de disfrutar do fútbol e da viaxe.

En canto ó partido, mediuse ó Numancia a un equipo moi forte fisícamente, xa que conta con varios xogadores en idade xa prebenxamín, o que supón un esixente e bonito reto para os seus adversarios.

No primeiro cuarto, moita igualdade. Adiántabanse ós numantinos nunha xogada de ataque rápida. Nos últimos minutos, conseguía o Cabanas empatar este primeiro envite.

No segundo periodo, superioridade local que impuxo o seu poderío físico para doblegar a uns numantinos algo apagados neste envite.

No terceiro cuarto, igualdade nos primeiros minutos. Co paso do tempo, os numantinos conseguirían un gol que valía para vencer neste terceiro cuarto.

No último período, superioridade numantina case ata o final o que lle valeu para adiantarse no marcador. Nos últimos minutos, moito empuxe local e moito traballo defensivo e sacrifico numantino para levarse a vitoria neste partido.

Polo tanto, este último partido do Torneo AFACO biberón de fútbol sala rematou co sempre anécdotico resultado de X. Cabanas 1 - Numancia de Ares 2.

En definitiva, gran partido de biberóns o vivido esta mañá en Cabanas. Todos os xogadores numantinos amosaron a sua apreciable melloría dende que comezou a competición, no mes de outubro. Todos os nenos participantes no Torneo poideron desfrutar do fútbol sala, unha modalidade apropiada para a idade dos nenos.

Rematada a tempada de fútbol sala, é tempo para volver ó fútbol no campo. Un fútbol campo agardado polos nenos. A partir deste martes día 15 o Numancia biberón retomará os adestramentos en Prados Vellos. Posteriormente, chegarán ós partidos da segunda volta do Torneo de fútbol – 8 biberón da AFACO así como actividades e Torneos que expoñemos a continuación:

SÁBADO 2 DE XUÑO XANTAR DE TODO O FUTBOL – 7 DO NUMANCIA (biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns) NO MOSTEIRO DE SANTA CATALINA EN MONTEFARO

SÁBADO 9 DE XUÑO TORNEO DE FÚTBOL 7 “CONCELLO DE NEDA”

VENRES 15 DE XUÑO CLAUSURA DO TORNEO DE FÚTBOL – 8 DA  AFACO NO CAMPO DE “A VEIGA” (herba natural) EN CABANAS.

Como podedes observar, aínda queda moita actividade e diversión para os nenos mais pequenos do Numancia. ¡¡¡Eles encantados¡¡¡ Os familiares, farán un último esforzo antes das vacaccións de verán para acompañar as suas xoias deportivas a todas ás actividades previstas. ¡¡¡Grazas a tod@s de antemán¡¡¡

Por último, adxuntamos unha táboa que recolle todos ós partidos e minutos disputados polos diferentes xogadores do Numancia biberón no Torneo de fútbol sala da AFACO. Coma sempre, a participación intensiva por parte de todos os xogadores foi a única premisa deste Torneo; algo co que se continuará nas diferentes actividades que nos quedan nos campos de fútbol.

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 



TORNEO AFACO FUTBOL SALA

BIBERONS 2011-2012

XOGADOR
PARTIDOS
MINUTOS
JUAN
15
410
ISMA
13
280
DAVID
14
325
AXEL
11
255
BRAIS
13
260
XERAR
13
240
HUGO
12
225
AKETX
11
190
ANGEL
9
175
LUCAS
10
180
SERGIO GIL
11
165
DANI
12
190
SERGIO FEAL
11
185
IKER
9
150

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.