BIBERONS. NUMANCIA, 2 - NARON, 1.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Numancia 2 - Narón 1. Pavillón de Ares 26/04/12EMOCION ATA Ó FINAL

Partido adiado da 7ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala que foi recuperado e xogado este xoves no pavillón de Ares ante numeroso público de ambos equipos.


Ares 26 de abril de 2012.

NUMANCIA: Juan, David, Xerar, Ángel, Dani, Isma, Axel, Brais, Sergio Feal e Lucas.

Por primeira vez neste torneo de fútbol sala, vianse ás caras dous bos equipos biberóns, o Numancia e o Narón que ofreceron un partido moi disputado, emocionante e vibrante ó numeroso público que acudiu o pavillón aresán.

No primeiro cuarto, comezaron fortes ós naroneses pero se atoparon cunha gran resistencia defensiva numantina que fixo que non houbera goles no primeiro envite, que terminou polo tanto en empate.

No segundo periodo, superioridade numantina traducida en goles e vitoria no segundo cuarto.

No terceiro envite, superioridade do Narón que se levou o terceiro cuarto sen complicacións.

No último periodo, moita igualdade e un gol para cada equipo. Pero, nos últimos segundos unha boa xogada colectiva do Numancia dáballe o gol da vitoria sobre a bocina. Polo tanto, resultado anécdotico do partido de Numancia 2 – Narón 1.

En definitiva, un bo partido de biberóns onde os xogadores mais veteráns de ambos conxuntos tiveron que emplearse a fondo. Os mais peques, non desentonaron para nada e loitaban cada balón sen ningún medo e coa ilusión que lles caracteriza.

Hoxe venres, poderemos todos desfrutar de novo deste partido pero en Narón. As 16:00 no pavillón de As Lagoas, Narón e Numancia xogan o partido correspondente a 17ª xornada do Torneo AFACO de fútbol sala.

¡¡¡Vémonos hoxe as 16:00 no pavillón de As Lagoas¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.