BIBERONS. NUMANCIA, 2 - NEDA "B", 1

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Numancia 2 - Neda ¡¡¡O PRÁCER DO GOL¡¡¡

Partido da 15ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado este xoves no pavillón de  Ares ante numerosos afeccionados de ambos equipos.

 

 

Ares 19 de abril de 2012.

NUMANCIA: Juan, Xerar, Iker, Dani, Sergio Gil, Isma, Ángel, Lucas, Aketx, Sergio Feal e Hugo.

Novo encontro do Torneo Afaco de fútbol sala para os nosos biberóns. Nesta ocasión, recibían ós numantinos o Neda “B”, equipo integrado na súa totalidade por nenos de primeiro ano biberón. Como non podía ser doutra maneira, e co fin de equilibrar ás forzas o Numancia xogou tamén o seu partido cos seus nenos de primeiro ano biberón. Un partido, debido a pequena idade dos nenos presidido polo desorde, as anécdotas e a ilusión por bandeira.

No primeiro cuarto, moita igualdade. Racharon esa igualdade ós visitantes aproveitando ós despistes dos numantinos. Primeiro envite que se levou o Neda.

No segundo periodo, melloría os de Ares que por fin se centraron mais no partido e se anotaron o segundo cuarto do mesmo.

No terceiro envite, moita igualdade, algunas ocasións, pero ningún gol, polo tanto empate.

No último cuarto, superioridade aresá. Os de Ares xogaron os mellores 10 minutos de partido no derradeiro periodo, o que lles valeu para anotar varios goles e levarse o partido.

En definitiva, divertido, desordeado e bonito encontro o que todos poideron desfrutar esta tarde no pavillón de Ares. Bo premio para os país e nais que colaboran día tras día na celebración destos partidos, botando unha man no que faga falta; incluso na arbitraxe.

Vimos neste partido un Neda “B” moi mellorado con respecto ó partido de ida. Un equipo moi aguerrido e que o da todo na pista.

O Numancia continúa vendo a evolución dos mais pequenos dos biberóns. Algúns van atopando premio o seu traballo co pracer do gol, outros sorpréndenos coa sua disciplina e bo traballo na defensa, e outros simplemente siguen divertíndose e xogando a sua maneira; que sendo realistas, é o único que lle podemos pedir nestas idades. ¡¡¡Que se divirtan¡¡¡. Xa terán tempo doutras cousas.

Seguiremos desfrutando todos cos partidos do Torneo Afaco biberón de fútbol sala. Quedan 3 semanas de Torneo en fútbol sala, xa que no mes de maio; cando volva o sol… ¡¡¡os campos de fútbol nos agardan¡¡¡

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

Ninguna medalla vale la salud de un niño

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.