Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. O VAL "B" 1 - NUMANCIA 3.
 
 

BIBERONS. O VAL "B" 1 - NUMANCIA 3.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. O Val SEGUIMOS MEDRANDO

Partido da 14ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado este venres no pavillón de O Val ante numerosos afeccionados de ambos equipos.

O Val 13 de abril de 2012.

NUMANCIA: Isma, David, Iker, Hugo, Sergio Feal, Isma, Brais, Xerar, Sergio Gil e Aketx.

Despois de gozar dunha xornada de descanso por calendario, e das merecidas vacacións de Semana Santa volvía o Numancia biberón a “competición” do Torneo Afaco. Xogaban ós numantinos ante o SD Val “B” un equipo que como o Numancia mestura xogadores de 4 e 5 anos.

No primeiro cuarto, veríamos moita igualdade na pista. Finalmente, un Numancia superior nos últimos minutos do mesmo faríase coa vitoria neste envite.

No segundo periodo, seguíamos con moita igualdade na pista o que provocaba ocasións nas dúas porterías. Neste cuarto ambos equipos anotaron un gol, polo que houbo empate.

No terceiro envite, vitoria con claridade dos numantinos que amosaron un bo xogo durante estos dez minutos do terceiro cuarto.

No último periodo, chegou a emoción. Adiantaríanse ós numantinos. Moi preto de chegar ó final do partido os locais empataban o mesmo. Pero ó Numancia viuse arriba nos últimos minutos do encontro o que lle valeu para anotar dous goles que suporían a anécdotica vitoria numantina neste encontro.

En definitiva, bonito, emocionante e agradable encontro; como todos os disputados esta tempada ante os dous equipos da SD Val, un conxunto co que da gusto xogar sempre pola súa filosofía, moi parecida a numantina.

En canto ós nenos numantinos, bo partido en liñas xerais de todos ós nenos, que progresan adecuadamente. Os pequenos cada vez son máis grandes e os grandes día a día vense obrigados a botar man do freno para non pasarse en determinados momentos dos partidos. Seguiremos traballando para correxir algúns despistes defensivos e outros despistes ambientais dos nenos (e dos non tan nenos) provocados polo exceso de “animación” e de expectación que se vive nestes partidos. Por sorte, estamos todos nunha etapa e nunha tempada de aprendizaxe.

De seguro, poremos en práctica o aprendido e correxido durante á semana no próximo partido. Este xoves 19 de marzo ás 17:45 no pavillón de Ares;

SDR NUMANCIA – RÁPIDO DE NEDA “B”

Alí estaremos tod@s disfrutando cos máis peques do Numancia.

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

“Ninguna medalla vale la salud de un niño”

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.