Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS (F-7): NUMANCIA, 1 – NARÓN, 3
 
 

BIBERÓNS (F-7): NUMANCIA, 1 – NARÓN, 3

Nova derrota dos biberóns en fútbol-7

Venres, 20 de marzo de 2009

César.

ALINEACIÓN: Sergio Pena; Raúl Nogueras; Xan Garabana; Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Cristina Fernández; Samu Fernández, Roi Rañales; Martín Cepeda,


GOLES: Xan (2)


COMENTARIO: O venres pola tarde, en Caranza, enfrontábanse o Narón e o Numancia, nun partido que estivo moi igualado ata o 4º tempo, no que o Numancia se rompeu como equipo.

Comezou o partido con moitas imprecisión por ambos equipos, e un xogo moi deslabazado, e sen superioridade dun ou outro equipo, e cando nos acercábamos ao final, un solitario gol do Narón, deulles o primeiro dos puntos en xogo. Pódese dicir que con xustiza pois foron eles os que levaron o xogo ofensivo deste tempo.

O segundo e terceiro tempos foron moi igualados, e os puntos repartíronse entre ambos, un para cada equipo, pero nestas partes o Numancia, ben plantado pero sen pegada, levou o peso do partido, cos nenos/as recuperando moitos balóns, e facendo xogadas entre eles/as; e nos dous tempos, ata o final non se resolveron, en ambos casos cun solitario gol, o do Numancia, no segundo tempo, foi acadado por Xan, nunha boa xogada individual.

Pero todo o bo que se viu ata este punto, desapareceu nun último tempo, onde moi descentrados/as, e atendendo a outras cousas, sen repartirse polo campo, o Numancia caeu con estrépito ante un Narón que soubo definir as súas chegadas, e no que o Numancia logrou un novo gol, outra vez Xan, en xogada individual que só serviu para decorar o marcador desta parte 4-1.

Ao final un 3-1 a favor do Narón, e reparto de saúdos entre xogadores/as de ambos equipos, nunha sobremesa con moi bo tempo, e bastante calor en Ferrol.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.