Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA - SUPERMAMAS.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA - SUPERMAMAS.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Numancia - Supermamás. Pavillón de Ares 27/03/12.¡¡¡ATA SEMPPRE CRIS¡¡¡

Nova xornada de festa para ó Numancia biberón con motivo do fin de trimestre e a despedida do equipo da sua colaboradora Cristina Martínez Roel “CRIS”.


Ares 27 de marzo de 2012

NUMANCIA: Juan, David, Axel, Brais, Xerar, Hugo, Ángel, Lucas, Aketx, Sergio Gil, Dani, Isma, Sergio Feal e Iker.

NUMANCIA SUPERMAMÁS: Cris, Miriam, Kenia, María, Patri, Bego, Irene, Fátima, Merce, Ana Belén, Flor e Ángela.

 



Como xa sucederá antes de finalizar o primeiro trimestre deportivo, no Nadal, onde os nenos xa se enfrontaran ás nais; este martes 27 de marzo e a piques de finalizar o segundo trimestre do curso deportivo as nais do Numancia biberón volvían a evaluar os progresos futbolísticos dos seus fillos retándoos de novo a un novo partido de fútbol sala no pavillón municipal de Ares.

Comezou o partido cos nenos facendo un xogo rápido e combinativo que as nais non eran capaces de frear. Grazas a este bo xogo o Numancia conseguía dous goles que poñían terra de por medio no marcador.

A medida que o partido foi avanzando, as nais atopabánse mais cómodas e non tardaron en aproveitar a súa maior corpulencia e as súas artimañas para conseguir dous goles para empatar o partido.

Na última fase do partido, saltaron á pista os 14 nenos do Numancia biberón axudados por algúns irmáns dos mesmos. Saltaron tamén a pista de xogo ás 12 nais participantes no partido axudadas pola irmá de Axel e tamén a irmá de Lucas. Un final de partido apoteósico e moi disputado. Asedío constante do equipo dos nenos á portería defendida pola expecional porteira das nais Cris, que demostraba que “a que tivo retivo” e non deixaba pasar ningún balón na súa portería para desesperación dos nenos. O equipo das nais saía en perigosas contras. Nunha delas, Miriam montou unha rápida contra que terminou en gol. Un gol moi polémico debido a que todo o mundo viu que se anotou coas mans. Os nenos, enfadados polas trampas dos maiores, sacaron o orgullo numantino e a casta para nun último minuto trepitande empatar o partido.

Bromas e fútbol aparte, foi un novo partido que serviu para que nenos e nais desfrutaran a tope do fútbol e desta bonita experiencia. Un partido con moitas anécdotas e tamén alguna que outra caída da que non imos dar mais detalles.

O finalizar o partido, chegou o primeiro agasallo para a colaboradora do equipo Cris, unha planta. As nais do Numancia biberón quixeron premiar o traballo e o cariño de Cris hacia ós nenos con ese bonito agasallo.

Para recuperar forzas despois do partido, ós nenos e nais dirixíronse o local patrocinador do equipo biberón nesta tempada, o RESTAURANTE ABEL. Neste local, ós nenos deron boa conta dunha suculenta merenda na que non faltou de nada. Posteriormente, a directiva do Numancia quixo agradecer públicamente a Cris, segunda adestradora do equipo que hoxe se despedía do mesmo por asuntos laborais ó seu traballo e dedicación no que levamos de tempada no Numancia biberón. Ademais das palabras de agradecemento, a directiva numantina tivo a ben agasallar a Cris cunha foto enmarcada e dedicada na que aparece o plantel do Numancia biberón 2011- 2012.

Como fin de festa, tamén os nenos e o adestrador do equipo quixeron facerlle un bonito regalo a Cris. Juan e Isma, os dous gardarredes do equipo cos que Cris tanto traballou, entregáronlle en nome do equipo unha camiseta co escudo bordado do Numancia que rezaba o seguinte “MUCHAS GRACIAS POR TODO CRIS. TUS DUENDECILLOS. NUMANCIA DE ARES BIBERONES 2011-2012"

Con este agasallo, e con un moi bo ambiente entre todos ós participantes na merenda finalizaba outra nova xornada de festa para o Numancia biberón. Unha xornada de festa que non sería posible por suposto sin os nenos, pero tamén sin as nais. Unhas nais que siguen dando exemplo día a día do amor que senten polos seus fillos. Unhas nais que se apuntan a un bombardeo, xogan, organizan agasallos, merendas… ¡¡unha bendición¡¡¡ Así da gusto “traballar”

Agora antes de coller as merecidas vacaccións de Semana Santa os biberóns numantinos adestrarán este xoves día 29 (os nosos peques non van a folga) pero desta vez, como premio o bo traballo neste trimeste no CAMPO DE FÚTBOL DE PRADOS VELLOS ás 17:30 h. Despois deste adestramento, chegarán ás merecidas vacacións para afrontar con aires renovados ós últimos dous meses e medio de curso deportivo.

Despedimos esta crónica lembrándonos da gran protagonista de hoxe. MOITAS GRAZAS CRIS. Foi un placer para todos nós poder contar contigo nesta aventura. ¡¡¡Botáremosche de menos¡¡¡

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.