Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. O VAL, 2 - NUMANCIA, 1.
 
 

BIBERONS. O VAL, 2 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. O Val 2 - Numancia 1. Pavillón O Val 17/03/12.UN PARTIDO PARA DISFRUTAR.

Partido da 11ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado o pasado sábado pola mañá no coqueto e acolledor pavillón de O Val ante numerosos espectadores de ambos conxuntos.


O Val 17 de marzo de 2012.

NUMANCIA: Isma, David, Ángel, Aketx, Sergio Feal, Axel, Brais, Dani e Sergio Gil.

Case sen tempo para respirar despois do intenso partido ante o Neda do xoves, chegaba un novo partido para o Numancia biberón. Esta vez tocaba visitar a outro dos equipos fortes da categoría, a SD Val de Narón.

No primeiro cuarto, os valexos mostraban ás súas credenciais sendo superiores ós numantinos e levándose a vitoria neste primeiro envite.

No segundo periodo, igualáronse ás forzas. Vimos moita disputa e un gol en cada portería, polo que este segundo envite terminou en empate.

No terceiro cuarto, foi superior ó Numancia. Os aresáns defendíanse ben con loita e orde das acometidas locais. Aproveitando a velocidade conseguiron anotar na portería valexa e facerse coa vitoria neste terceiro envite.

No último cuarto, vivimos uns 10 minutos intensos, emocionantes e preciosos para ó espectador. Ambos equipos loitaban por agradar ós seus seguidores que poideron ver ocasións claras en ambas porterías. No último minuto do encontro, o Numancia erraba unha clara ocasión de gol; acto seguido no contraataque, a SD Val conseguía anotar un gol sobre a bocina que lle valía para levarse este último envite e para conseguir a anécdotica vitoria neste partido.

Sempre dicimos que nos partidos de biberóns non hai vencedores nin vencidos. Pero neste partido podemos decir orgullosos que todos saímos vencedores do mesmo. Un partido no que ambos equipos loitaron e ofreceron bo fútbol, respétandose mutuamente. Un partido no que no Numancia tiveron moito protagonismo moitos dos nenos de primeiro ano biberón, que coa axuda de dous veteráns enfrentáronse a un equipo forte fisícamente e que fai moi ben ás cousas. Os mais peques do Numancia amosaron neste partido a súa melloría e o seu progreso, plantando cara a un bo equipo da Liga o que estiveron a piques de “derrotar” en canto ó resultado.

Queremos agradecer o bo trato dispensado ós numantinos pola SD Val, algo que xa ben sendo habitual nos partidos que xoga o Numancia ante este simpático e respetado club naronés.

Tamén é un bo momento para agradecer a todas esas persoas que dalgunha maneira colaboran para que este Torneo AFACO de biberóns, tanto en fútbol-8 como en fútbol sala sexa posible. Os “árbitros” eventuais dos partidos, o persoal dos pavillóns e por suposto ós familiares dos nenos, xa que sin toda esta xente esta aventura non sería posible.

Agora toca seguir disfrutando con esta tempada. Quedan 7 xornadas do Torneo de fútbol sala. Posteriormente, coa chegada do mes de maio volveremos ós campos de fútbol da comarca para desfrutar coa segunda volta do Torneo AFACO de fútbol-8. Gracias a todos.

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

ADR Numancia de Ares. Equipo de Biberóns. Temporada_2011-2012.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.