Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA, 1 . R. DE NEDA, 2.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA, 1 . R. DE NEDA, 2.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Numancia 1 - R. de Neda 2. Pavillón de Ares 15/03/12.CUESTIÓN DE PRINCIPIOS

Partido da 10ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado este xoves no pavillón de Ares ante un bo número de espectadores de ambos equipos.

 

 

Ares 15 de marzo de 2012.

NUMANCIA: Juan, David, Xerar, Hugo, Lucas, Axel, Brais, Sergio Feal e Aketx.

Novo partido do Torneo AFACO biberón de fútbol sala. Un encontro no que os numantinos recibían a un dos equipos máis fortes da categoría, o Rápido de Neda integrado case na sua totalidade por rapaces de último ano de biberóns.

Nos dous primeiros cuartos, os  visitantes impuxeron a sua superioridade física, e a base de empuxe e individualidades conseguiron a vitoria nestos dous primeiros envites, no que os numantinos estiveron algo durmidos.

O terceiro cuarto, foi o máis igualado do partido. Nos primeiros minutos, tivo o Numancia a iniciativa, o dominio e as ocasión. Grazas a ese dominio chegaba o primeiro gol dos de Ares neste encontro. O Neda tivo tamén as súas ocasións de gol nos últimos minutos que foron moi ben rexeitadas polo porteiro local. Nos últimos intres de este cuarto, o Numancia tería a mala fortuna de anotar un gol na súa propia portería que suporía o empate neste terceiro envite.

No cuarto e definitivo período, de novo dominio dos numantinos, con moitas ocasións e dous goles que lle valían o Numancia para adxudicarse este último envite.

Como podedes observar, partido moi disputado, emocionante e bonito o que hoxe nos ofreceron estos dous equipos biberóns.

Os nenos xogan, loitan, corren, caen, meten goles, pero… ¿disfrutan, aprenden e participan? Queremos pensar que si, xa que estos son os tres obxetivos mais importantes da etapa do fútbol biberón. Unha etapa onde a liberdade, a inocencia e a ledicia dos nenos estará sempre por riba de calqueira outro aspecto. Sempre convén recordalo de vez en cando.

Unha nova ocasión para divertirnos, participar e continuar aprendendo terémosla xa este sábado ás 11:30 no pavillón de O Val ante a SD Val no partido correspondente a 11ª xornada do Torneo AFACO de fútbol sala biberón.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

¡¡¡NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

A continuación, ofrecemos un resumo dos partidos e minutos disputados polos xogadores do Numancia biberón na primeira volta do Torneo AFACO biberón. Lembrando sempre que a máxima e a da participación equitativa de todos ós nenos, aínda que non sempre se pode cumprir por enfermedades ou ausencias por compromisos particulares.

XOGADOR

PARTIDOS   

MINUTOS
JUAN (P) 7 210
ISMA (P) 6 120
DAVID 6 150
AXEL 4 100
BRAIS 6 120
XERAR 4 80
HUGO 5 100
AKETX 5 85
ANGEL 4 80
LUCAS 4 80
SERGIO GIL 6 75
DANI 6 84
SERGIO FEAL 4 75
IKER 3 54

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.