BIBERÓNS. G. MUGARDOS B, 1 - NUMANCIA, 0

“CARNAVAL, TE QUIERO”

Partido correspondente á oitava xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado o xoves no pavillón de O Cristo en Mugardos ante un bo número de espectadores.

Ares, 24 de febreiro de 2012

NUMANCIA: Juan, Isma, Xerar, Lucas, Aketx, Dani, Axel, Ángel, Sergio Feal, Iker e Sergio Gil.

Practicamente sen tempo para sacar os disfraces e as caretas, chegaba un novo encontro do torneo AFACO de fútbol sala biberón entre o Galicia de Mugardos “B” e o Numancia. Un partido onde como vén acontecendo nos últimos encontros, o Numancia formaba practicamente na súa totalidade con xogadores de 4 anos para igualar a idade dos seus adversarios, quedando desta vez os nenos máis maiores do plantel sen convocar.

Foi un partido no que os mugardeses tiveron o dominio e moitas máis ocasións que os numantinos. Pese a iso, os dous primeiros cuartos terminaron en empate.

No terceiro cuarto, esa superioridade local viuse reflexida no taboleiro de marcas, levándose o Galicia de Mugardos “B” ese terceiro envite.

No último cuarto, un Numancia superior en forza, ocasións e xogo non puido trasladar esa superioridade ao anécdotico resultado, que finalmente foi de Galicia de Mugardos “B” 1 – Numancia de Ares 0.

Foi un partido estraño, onde os nenos acusaron o parón do Carnaval, xa que estaban coa cabeza claramente pensando aínda na festa e nos disfraces e cos seus pequenos corpos esgotados despois de tanta festa; polo menos os numantinos.

Pese a iso, foi unha nova ocasión para que mugardeses e numantinos disfrutaran do fútbol e da amizade, ademais de deleitar ao numeroso público presente no pavillón coas súas xogadas, anécdotas e boas maneiras.

Agora toca gozar dos últimos días de Carnaval. A vindeira semana tocará volver á rutina deportiva para o Numancia de Ares.


¡¡¡Tocará seguir desfrutando co Torneo AFACO Biberón de Fútbol Sala e cos adestramentos semanais¡¡¡


NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.