BIBERONS. NEDA "B", 0 - NUMANCIA, 4.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Neda DIVERSION E RESPETO

Partido correspondente a 6ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala disputado o pasado venres no polideportivo municipal de Neda.


Venres 10 de febreiro de 2012

NUMANCIA: Juan, David, Isma, Aketx, Sergio Gil, Brais, Dani, Hugo e Sergio Feal.

Novo encontro para os biberóns do Numancia, esta vez ante o Neda “B”. Como xa sucedera na semana anterior ante a SD Val “B”, volvía o Numancia a medir ás súas forzas ante un rival conformado integramente por xogadores de primeiro ano biberón. Conforme a esta circunstancia, ós numantinos formaron neste partido tamén coa maioría de xogadores de primeiro ano, excepto tres, un deles ó porteiro.

Foi un partido moi cómodo para ó Numancia, xa que venceu ós cuatro cuartos do partido con moita facilidade. Pero xa sabemos que isto é algo anécdotico e que apenas nos importa nesta tempada e nesta categoría biberón. Neste encontro todos poidemos divertirnos moito coas xogadas, anécdotas, caídas e aventuras dos mais peques. Vimos goles, sonrisas, golpes, diversión... Quizais non foi un partido de moito fútbol... pero si que tivo moita moita moita diversión.

A diversión tivo que compartir protagonismo co respeto neste partido. Un Numancia moi superior neste envite viuse na obriga de respetar ó seu rival. De nada servía presionar e meter un gol detrás de outro. Para nada servía que os nenos mais maiores abusaran das conduccións e dos disparos a portería para conseguir un número abultado de goles para ós numantinos. Neste partido, os nenos mais maiores do Numancia biberón aprenderon a lección do respeto polo outro equipo. Un Neda “B” voluntarioso, simpático e que gozou tamén dalgunha ocasión de gol, aínda que sin a sorte necesaria para materializala. O Numancia como dicíamos, divertíndose, aprendendo leccións e os mais pequenos do Numancia aproveitando estos partidos para entrar mais en contacto co balón, participar moito mais no xogo, facer algunhas xogadas individuais e incluso algúns deles anotando goles.

En definitiva, un partido no que se mesturou aprendizaxe e diversión para os nenos numantinos. Gracias a boa actitude dos nenos numantinos para aprender e obedecer, poideron tamén os nenos nedenses desfrutar neste partido. Non olvidemos, que o único obxetivo destos encontros do Torneo AFACO biberón tanto en fútbol – 8 como en fútbol sala é que TODOS ós participantes nos diferentes partidos disfruten e se poidan divertir. Hoxe podemos decir orgullosos que ¡¡¡obxetivo cumplido¡¡¡

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.