Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA, 2 - O VAL "B", 0.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA, 2 - O VAL "B", 0.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Numancia 2 - O Val “ESOS LOCOS BAJITOS”

Este xóves 2 de febreiro, tivo lugar a cuarta xornada do Torneo AFACO de fútbol sala biberón onde se enfrontaron o Numancia e a SD Val “B” no pavillón de Ares ante unha animosa aficción.

NUMANCIA: Juan, Isma, Brais, Dani, Hugo, Sergio Feal, David, Ángel, Lucas e Sergio Gil.

Retomaba o Numancia biberón a “competición” ligueira. Nesta ocasión recibían ós numantinos a visita dos nenos mais pequenos do Val. Polo tanto, sería un partido nos que tamén os nenos mais pequenos do Numancia terían maior protagonismo, quedando os nenos mais veteráns sen convocar ou nun segundo plano nesta ocasión.

Polo tanto, este xoves poidemos desfrutar dun partido onde a maioría dos nenos que saltaron a pista por parte de ambos equipos tiñan 3 e 4 anos:

No primeiro cuarto, moito desorde, ímpetu e ilusión por parte de todos os participantes no encontro. Tivo ó Numancia algunha ocasión pero non houbo goles en ningunha das porterías nesta primeira parte de partido.

No segundo envite, foi algo superior ó Numancia conseguindo un gol que lle serviu para vencer neste segundo cuarto.

No terceiro periodo, de novo gran igualdade na pista. Moita loita por cada balón, moita enerxía na pista, pero sen goles.

No último envite, dominio do Numancia que conseguía un gol nos primeiros minutos deste cuarto. Defendeu ben o Numancia ata o final tendo incluso algunha ocasión mais para ofrecerlle algún novo gol aos afeccionados, pero sen acerto. Polo tanto, victoria neste último cuarto e resultado anécdotico e final de 2 - 0 favorable ós numantinos neste novo partido de biberóns.

En definitiva, partido moi divertido e desorganizado débido como dicíamos, a idade dos participantes. Foi bonito ver na pista a moitos nenos que soamente levan 4 meses dándolle patadas a un balón. Uns nenos que aínda están empezando, e que teñen tempada e media por diante na categoría biberón para seguir progresando e ante todo divertíndose.

Polo tanto, toca seguir adestrando e disfrutando con estos nenos do Numancia biberón. A vindeira semana, a maiores dos adestramentos habituais o Numancia Biberón xogará na 5ª Xornada do Torneo AFACO de fútbol sala ante o Rápido de Neda “B” o próximo venres 10 de febreiro ás 17:00 no Polideportivo Municipal de Neda.

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.