Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. G. MUGARDOS, 0 - NUMANCIA, 2.
 
 

BIBERONS. G. MUGARDOS, 0 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Biberons 2011-2012. G. Mugardos 0 - Numancia 2. Pavillón de Mugardos 19/01/12.BO PARTIDO EN MUGARDOS

Partido correspondente a 3ª Xornada do Torneo AFACO de fútbol sala biberón disputado este xóves no pavillón do Cristo en Mugardos ante un bo número de animosos espectadores.

Mugardos 19 de xaneiro de 2012.

NUMANCIA: Juan, Isma, David, Brais, Hugo, Dani, Axel, Aketx, Lucas e Ángel.

Chegaba un novo partido de fútbol sala biberón para ó Numancia. Un novo derby ante ós compañeiros do Galicia de Mugardos. Foi un partido moi competido por ambos equipos, que ofreceron un bo espéctaculo a numerosa afición.

No primeiro cuarto, os dous equipos loitaron cada balón con moita forza. Tivo mais ocasións de gol ó Numancia pero as excelentes intervencións do porteiro local impediron que houbese goles neste primeiro periodo que terminou en empate.

No segundo envite, dominio dos numantinos, que esta vez si, tiveron mais acerto de cara a portería mugardesa; o que lles valeu para levarse este segundo cuarto.

No terceiro cuarto, alternancia de ocasións nas dúas porterías. De novo, os porteiros estiveron moi acertados pero non poideron impedir que houbera un gol en cada portería. Terminaba en empate este terceiro envite.

No último periodo, foi moi superior ó Numancia, levándose este último envite sen maiores complicacións.

No cómputo global, o anécdotico resultado foi de G. Mugardos “A” 0 – Numancia de Ares 2.

Felicitar ós dous equipos, un Galicia que mellora co paso dos meses; e un Numancia que sigue na súa boa línea, progresando e vivindo novas experiencias co paso das semanas.

A vindeira semana, o Numancia desfrutará de xornada de descanso no Torneo AFACO de biberóns. Esta circunstancia, será aproveitada para ós numantinos para vivir unha nova experiencia na súa curta etapa fútbolística. Os nenos do Numancia biberón visitarán o venres día 27 de xaneiro o pavillón de Piñeiros en Narón; para xogar co equipo biberón feminino do Comarcal A Fervenza FS; toda unha institución a nivel galego no fútbol sala feminino.

¡¡¡Vémonos polo tanto a vindeira nas adestramentos e tamén o venres en Narón¡¡¡

¡¡¡A SEGUIR DESFRUTANDO¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.