BIBERONS. NUMANCIA, 2 - O VAL, 1.
PROGRESAN ADECUADAMENTE
Este xóves 12 de xaneiro tivo lugar ó partido da 2ª Xornada do Torneo AFACO de fútbol sala no que mediron ás súas forzas o Numancia de Ares e a SD Val ante un bo grupo de animosos espectadores.
Ares 12 de xaneiro de 2012.
NUMANCIA: Juan, David, Aketx, Xerar, Axel, Sergio Gil, Lucas, Brais e Iker.
Despois das vacacións do Nadal, retomou esta semana ó Numancia biberón a súa actividade. Tras a sesión de adestramento do martes, chegaba este xoves un novo partido do Torneo Afaco de Fútbol Sala.
Saíu ó Numancia moi metido no partido, isto fixo que os aresáns dominaran este periodo e que chegaran os desexados goles despois de varias ocasións fallidas. Victoria para ó Numancia neste primeiro envite.
No segundo cuarto, igualaronse ás forzas e os dous equipos loitaron por cada balón e tiveron ocasións de gol. Un gol para cada equipo e igualdade neste segundo envite.
No terceiro cuarto, os valexos estiveron mais atinados nos metros finais o que fixo que se levaran este periodo.
Chegabamos ó último cuarto con moita igualdade. Os numantinos sacaron ó seu mellor xogo e aproveitaron ó acerto cara a porteria contraria para levarse o último envite e tamén o partido.
En definitiva, foi un bo partido entre dous equipos que se respetaron na pista, e que deixaron xogar cómodamente ó adversario. Foi unha festa do fútbol biberón, onde ós nenos xogaron sen demasiada presión e desfrutaron de moita liberdade na pista.
En canto ó Numancia, seguen os 3 xogadores mais veteráns tirando do carro; aínda que cando algún deles non ten ó seu mellor día aparecen xa os mais pequenos dando guerra. Poidemos observar ese detalle no partido de hoxe, onde os mais pequenos demostraron que xa estamos en xaneiro; que levamos tres meses de aprendidaxe e que pouco a pouco con moito traballo e paciencia van dando os seus froitos na pista. Podemos decir que o Numancia biberón sacou boa nota no primeiro trimestre do curso, e que todos progresan adecuadamente. Queda moito traballo por facer, e tamén moitos momentos que vivir. ¡¡¡A seguir desfrutando¡¡¡
O vindeiro partido do Numancia biberón será ante o Galicia de Mugardos “A” no pavillón do Cristo de Mugardos. Este partido corresponde a 3ª xornada do Torneo Afaco Biberón de fútbol sala e xogarase no transcurso da próxima semana.
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡