Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA - SUPERMAMÁS.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA - SUPERMAMÁS.

ADR Numancia de Ares. Biberóns 2011-2012. Numancia - Supermamás. 22/12/11.UNHA TARDE INOLVIDABLE

Na tarde do xóves 22 de decembro, os biberóns do Numancia festexaron a súa maneira o comezo do Nadal medíndose nun partido de fútbol sala, nada mais e nada menos que ás suas respectivas supermamás.

 

Ares 22 de decembro de 2011.

NUMANCIA: Juan, Isma, David, Brais, Xerar, Hugo, Ángel, Dani, Lucas, Sergio Gil, Sergio Feal, Iker e Aketx.

NUMANCIA SUPERMAMÁS: Ana Belén, Bego, María, Irene, Flor, Patricia, Cris, Merce, Miriam, Kenia, Noelia e Fátima.

Foi unha tarde especial para o equipo biberón do Numancia de Ares. Para festexar o Nadal, os nenos medíanse nun partido de fútbol sala ás súas propias nais. Unhas mamás que non dubidaron en prepararse para a ocasión e poñer toda da súa parte para que o evento fóra unha auténtica festa e ós nenos desfrutaran do partido e da experiencia o máximo posible.

Outra cousa diferente foi o partido, na que as nais, non deron ningún tipo de facilidade ós seus fillos. Foi un partido disputado, onde ós nenos biberóns do Numancia tiveron que loitar contra a agresividade e forte presión do equipo das supermamás. Risas, caídas, moitas anécdotas... e moitos bonitos momentos os vividos durante o partido. Cando parecía que ás supermamás conseguirían a vitoria, apareceron os fichaxes do Numancia biberón, primos, amigos, irmáns e algúns dos xogadores prebenxamíns do Numancia xogaron ós últimos minutos do partido ante o equipo ó completo das supermamás. Unha auténtica festa dentro e fóra da pista, que finalmente e como non podía ser doutra maneira terminou nun xusto empate que deixou contento a todos os participantes no encontro. ¡¡¡Noraboa supermamás¡¡¡

Posteriormente, logo da charla e dos agasallos navideños por parte dos adestradores; a familia do equipo biberón do Numancia desprazouse ata o RESTAURANTE ABEL, patrocinador do equipo, para desfrutar dunha merecida merenda. Antes da citada merenda, a directiva do Numancia tivo a ben agasallar a Abel cunha foto adicada do equipo biberón do Numancia como agradecemento a súa colaboración co club patrocinando ó equipo biberón nas súas novas equipacións desta tempada 2011-2012. Logo do discurso e acto protocolario, poideron por fin desfrutar ós nenos da merenda e dos xogos posteriores; especialmente xogaron coas pelotas de praia que Abel tivo a ben regalarlles a todos ós nenos. Como dícíamos ó comezo, ¡¡¡unha tarde inolvidable¡¡¡

GRAZAS A TOD@S POLO VOSO BO HUMOR.


Antes de coller as vacacións, os biberóns do Numancia participarán do 26 ó 30 deste mes nos XOGOS DE NADAL DE MUGARDOS.

Para ós partidos do martes 27, ás 17:40 ante o G. Mugardos “B” e as 19:20 ante o Racing de Ferrol están convocados ós seguintes xogadores:

Juan, Isma, Axel, David, Brais, Xerar, Hugo, Lucas, Dani e Sergio Feal.

Ós nenos deberán estar no pavillón municipal de Mugardos 20 minutos antes da hora dos encontros previstos.

Para ó xoves 29 ás 16:25 ante o Perlío e ás 19:45 ante a SD Val “B” están convocados ós seguintes xogadores:

Juan, Isma, Axel, David, Brais, Xerar, Aketx, Iker, Ángel e Sergio Gil.

Ós nenos deberán estar no pavillón municipal de Mugardos 20 minutos antes da hora dos encontros previstos.

O venres 30 de decembro, ós nenos biberóns do Numancia disputarán o partido final. A hora dependerá da posición pola que xoguen, e dicir, dependerá dos anécdoticos resultados acadados nos partidos anteriores. Estos son os nenos convocados para o partido do venres:

Juan, Isma, Axel, Brais, David, Xerar, Hugo, Ángel, Lucas e Dani.

Ese mesmo día, ás 19:45 terá lugar no citado pavillón o bonito acto de clausura. Para este acto, están convocados os 14 xogadores do Numancia participantes no Torneo.

Tanto neste acto, como nos distintos partidos, ós nenos do Numancia deberán ir vestidos coa sudadeira nova.

¡¡¡Vémonos a vindeira semana nos Xogos de Nadal de Mugardos¡¡¡

¡¡¡FELICES FESTAS A TOD@S¡¡¡

 

ADR Numancia de Ares. Equipo Biberons. Temporada 2011-2012.ADR Numancia de Ares. Equipo Supermamás 2011-2012.

 

 

 

 

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.