Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NEDA, 3 - NUMANCIA, 1.
 
 

BIBERONS. NEDA, 3 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Biberóns 2011-2012. Neda 3 - Numancia 1. Pavillón de Neda. 16/12/11.CUESTIÓN DE DECIBELIOS.

Partido disputado na tarde do venres no pavillón de Neda, correspondente a primeira xornada do Torneo AFACO de fútbol sala biberón.


Neda 16 de decembro de 2011.

NUMANCIA: Juan, Isma, David, Brais, Aketx, Hugo, Sergio Gil, Iker, Sergio Feal, Xerar e Dani.

Chegaba o fútbol sala para os nenos biberóns do Numancia. Facíao co primeiro partido en Neda ante o conxunto local. Unha modalidade mais acorde para a idade dos rapaces, e tamén mais axeitada para practicar neste longo inverno que teremos por diante.

Non pareceu sentar nada ben o cambio de modalidade ós numantinos, xa que no primeiro cuarto vimos a un Neda superior, que venceu neste primeiro envite.

No segundo cuarto, seguíu a mesma tónica do encontro, un Neda superior que tamén vencía neste segundo periodo.

No terceiro envite, vimos ós mellores 10 minutos do Numancia. Os xogadores numantinos fixeron varias xogadas combinativas que atoparon o premio do gol. Estos goles numantinos fixeron que ó Numancia vencera neste terceiro periodo.

No último cuarto, vimos moita igualdade entre ós dous equipos. Foron uns 10 minutos abertos, onde calquera dos dous equipos poido anotar goles. Estivo mais acertado nesta faceta o Neda, o que lle valeu para anotarse este definitivo periodo.

Polo tanto, o resultado anécdotico deste primeiro partido de fútbol sala para os biberóns do Numancia foi de Rápido de Neda 3 Numancia de Ares 1.

Pese ó resultado, foi un partido onde os nenos numantinos pelexaron ante un equipo de maior idade. Deron a cara, e soamente se viron superados por despistes derivados do ambiente do pavillón, do cambio da superficie e da clara diferencia de físico entre a maioría dos xogadores dun e doutro equipo. Podemos estar contentos do traballo dos nenos, xa que ademais de divertirse, estiveron en moitos momentos do partido ben colocados sobre a pista (pese a ser o primeiro partido); tamén en varias fases do partido deleitaron ó público presente con fermosas xogadas que non sempre remataron en gol.

Toca seguir desfrutando, contínuar traballando con estos pequenos que teñen moita marxe de aprendidaze, xa que a maíoria deles están empezando nisto do “fúbtol”. Moita paciencia e moito mimo para as nosas “xoias da coroa numantinas”

Agora chegan para o Numancia Biberón unhas semanas bonitas para rematar o ano 2011. O vindeiro martes día 20 haberá adestramento normal. O xóves día 22 chega un dos partidos mais compricados da tempada para os nosos biberóns. As 17:30 no pavillón de Ares mídense a un dos equipos mais aguerridos e correosos, o equipo que estará formado por Pais – Nais – Familiares dos nosos nenos biberóns. Posteriormente, as 19:15 nenos, adestradores e familiares desfrutarán dunha merecida merenda no “RESTAURANTE ABEL”, o restaurante do noso patrocinador.

Finalmente, a semana do 26 ó 30 de decembro o Numancia Biberón terá o pracer de participar no prestixioso e tradicional Torneo de Nadal de fútbol – 5 Concello de Mugardos, convidados polos nosos compañeiros do Galicia de Mugardos.

Como védes, non lles faltará actividade ós biberóns do Numancia no que nos queda de 2011.

¡¡¡A SEGUIR DESFRUTANDO¡¡¡

¡¡¡FELICES FESTAS A TOD@S¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.