Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. G. MUGARDOS "B", 0 - NUMANCIA, 3.
 
 

BIBERONS. G. MUGARDOS "B", 0 - NUMANCIA, 3.

ADR Numancia de Ares. Biberóns 2011-2012. G. Mugardos A CHOIVA DECIDIU SER A PROTAGONISTA

Partido disputado na tarde do venres nas instalacións de A Pedreira en Mugardos, correspondente a última xornada da primeira volta do Torneo AFACO de fútbol – 8.

A Pedreira 9 de decembro de 2011.

NUMANCIA: Isma, Sergio Feal, David, Lucas, Xerar, Hugo, Axel, Sergio Gil, Dani e Iker.

Nunha tarde de venres con tempo anubrado e orballos chegaba un Numancia mermado polas baixas a Mugardos. Parecía que o tempo non iba a permitir a disputa do encontro, pero finalmente a choiva deu unha tregua e o gran compromiso e ilusión de pais e nenos de ambos equipos fixo posible que todos poideramos desfrutar dun bo partido de fútbol biberón, algo mais curto, pero igual de bonito.

No primeiro cuarto, saían con forza ós mugardeses. O Numancia non quería ser sorprendido e rápidamente conseguiu varios goles que lle deron a vitoria neste primeiro envite.

No segundo envite, superioridade clara dos numantinos que se levaban este cuarto sen maiores complicacións. Salientar o bo gol do Mugardos “B” neste periodo, que levou ós gritos de xúbilo e os aplausos de todo o respetable.

No terceiro cuarto, non poidemos ver moito. O Numancia conseguía un gol neste envite que durou menos tempo do habitual. A choiva, comezou a caer con forza sobre A Pedreira, polo que os adestradores de ambos equipos decidiron dar por rematado o encontro, con bo criteiro, xa que a saúde dos nenos podía verse afectada por esta “molladura”. E como recordamos sempre

“NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO”.

Foi unha pena, pero tamén un acto de responsabilidade. Os nenos desfrutaron deste partido mais curto. Tamén os pais, aos que hoxe mais que nunca hai que felicitar polo seu esforzo e compromiso tanto cos nenos como cos clubs. ¡¡¡Moitas gracias a todos por colaborar na felicidade dos nenos e no crecemento dos clubs¡¡¡

Con este partido, finaliza a primeira volta do Torneo Biberón AFACO de fútbol 8. Unha primeira volta na que por sorte, o Numancia puido desputar todos os seus partidos ante O Val, Neda, Narón, G. Mugardos, X. Cabañas e G. Mugardos “B”. O tempo case sempre acompañou ós nenos, polo que todos poidemos desfrutar desta magnífica experiencia da primeira volta do Torneo AFACO nos distintos campos de fútbol da bisbarra.

Agora, toca cambiar o “chip”. O próximo venres as 17:00 no pavillón municipal de Neda comeza para o Numancia o Torneo biberón AFACO de fútbol sala. Outra nova experiencia para ós nenos, que desfrutaran doutra especialidade deportiva nos diferentes pavillóns da nosa comarca, ata o mes de maio. Chega, seguramente, unha modalidade moito mais apropiada para ós nenos nestas idades, o fútbol sala. Está claro que “o campo e o campo” pero estamos seguros que na pista, ós nenos poderán desenvolverse moito mellor e amosarnos a todos o seu bo facer, a sua contínua aprendizaxe e como non, ¡¡¡que nunca falte¡¡¡, a sua inocencia e simpatía.

¡¡¡A SEGUIR DESFRUTANDO¡¡¡

“NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO”

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.