Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA, 2 - X. DE CABANAS, 2.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA, 2 - X. DE CABANAS, 2.

ADR Numancia de Ares. Biberóns 2011-2012. Numancia 2 . X. de Cabanas 2. Prados Vellos 3/12/11.MOITAS GRAZAS, ABEL.

Este sábado ás 11:30 o Numancia de Ares e o Xuventude de Cabanas disputaron o partido correspondente a penúltima xornada da primeira volta do Torneo AFACO de fútbol – 8 en Prados Vellos ante unha gran presenza de espectadores de ambos equipos.

 

Ares 3 de decembro de 2011

Xogaron polo Numancia neste partido ós seguintes xogadores: Juan, Isma, David, Lucas, Xerar, Hugo, Axel, Ángel, Dani, Sergio Gil e Sergio Feal.

 



Foi un sábado especial para a familia do Numancia, especialmente para o equipo de biberóns. Nos prolegómenos do partido, o club e ós nenos recibían un agasallo de Reis anticipado. A CAFETERÍA ABEL facía entrega ós rapaces das novas equipacións do Numancia Biberón 2011 – 2012. 20 pares de medias, 20 pantalóns e 20 camisetas. Todo un detalle por parte de CAFETERÍA ABEL, e moito mais nestes tempos que corren. Despois das fotos individuais e colectivas, incluída unha con Abel comezaba ó encontro cos numantinos estreando a súa flamante equipación.

Debeu ser a nova equipación a que deu folgos os aresáns. Tras uns primeiros minutos de tanteo, o Numancia impuxo a súa forza e o seu xogo para levarse ó primeiro cuarto.

No segundo envite, poidemos desfrutar todos, sen dúbida, dos mellores minutos do Numancia biberón nesta tempada. Moitas xogadas combinativas e chegadas a portería visitante. Ese bo xogo e actitude trouxo consigo en varios momentos o premio do gol. Maravillosos 10 minutos dos nenos neste segundo cuarto, no que conseguiron a vitoria.

No terceiro cuarto, baixou un pouco o listón o Numancia, debido tamén o cambio de posicións dalgúns nenos para que todos alternen tarefas e participen en diferentes lugares do terreo de xogo. Neste terceiro cuarto, estivo mais acertado o Cabanas polo que conseguiu levarse o terceiro envite.

No último cuarto, tivemos por primeira vez nesta tempada, unha invitada de excepción, ¡¡¡a choiva¡¡¡ Nova experiencia para ós nenos, por primeira vez nas súas vidas xogaban un partido chovendo. A choiva e outros factores externos, aos que os nenos non deberían de prestar tanta atención (non e culpa deles) despistaron en grande medida ós numantinos. Isto aproveitouno o X de Cabanas para levarse con claridade o último envite do encontro.

Polo tanto, o anécdotico resultado final foi de Numancia de Ares 2 – Xuventude de Cabanas 2. Felicitar a todos os rapaces numantinos pola súa entrega neste encontro. Felicitar tamén o Cabanas e agradecerlles a súa visita a Ares nun día algo desapacible para viaxar e para a práctica do fútbol. Prometemos devolverlles a vísita para xogar no seu campo de herba natural (outra nova experiencia para os nenos) nos meses de primaveira.

Isto non para. Esta semana, por mor dos festivos, ós nenos numantinos soamente adestrarán o MÉRCORES ás 17:30 no POLIDEPORTIVO MUNICIPAL. A vindeira fin de semana, venres  ou sábado o Numancia biberón rematará a primeira volta do Torneo de Fútbol -8 rendindo visita o Galicia de Mugardos “B”, noutro novo derby biberón. Despois dese partido, tocará pensar xa no torneo de Fútbol Sala AFACO.


Vémonos polo tanto no próximo adestramento e no próximo partido, no que seguiremos desfrutando das novas equipacións. ¡¡¡GRACIAS ABEL¡¡¡ Prometemos facer unha merenda no Nadal para ós nenos.

¡¡¡A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

“NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO”

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.