Inicio Noticias Biberóns TORNEO DE BIBERÓNS DA AFACO
 
 

TORNEO DE BIBERÓNS DA AFACO

COMEZARÁ O VINDEIRO 28 DE OUTUBRO
A AFACO organiza un torneo de F-8 de biberóns no que participarán sete equipos: Narón, Neda, O Val, G. Mugardos A, G. Mugardos B, X. Cabanas e Numancia.

 

Ares, 26 de outubro de 2011.


Como continuación do torneo disputado a temporada anterior, a AFACO acordou organizar por segunda vez esta competición para os máis pequerrechos, cunhas características moi particulares: non se elaborará clasificación; os partidos serán (como referencia) os venres ás 17.00 h.; non existe o fóra de xogo; e os partidos divídense en catro tempos de dez minutos.


Os partidos da primeira xornada están previstos para o venres, 28 de outubro (o NUMANCIA descansa), aínda que sempre se estará pendente das condicións meteorolóxicas, e existirán todas as facilidades para que os clubes se poñan de acordo á hora de modificar as datas.


Finalizada a primeira volta no mes de decembro, haberá un parón ata o mes de maio nesta modalidade de F-8. E nos meses de inverno, con estes mesmos equipos máis o Neda B e o Val B, comezará outro torneo, neste caso de F-5 que se disputará nos pavillóns cedidos polos concellos.


O Numancia participará nas dúas modalidades cos nenos que xa comezaron esta actividade desde primeiros de outubro. Esta actividade de “Iniciación ao Fútbol” ten lugar os martes e xoves no pavillón municipal aresán de 17.30 a 18.30 h.. O monitor este ano é Jorge Martínez Varela, axudado por Cristina Martínez Roel.

Para ver o calendario do II Torneo de Biberóns Asociación A.F.A.C.O. de Fútbol - 8, pica aquí

Para ver o calendario do II Torneo de Biberóns Asociación A.F.A.C.O. de Fútbol - 5 (Fútbol Sala), pica aquí.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.