Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. XORNADA DE CLAUSURA
 
 

BIBERÓNS. XORNADA DE CLAUSURA

AMBIENTE FESTIVO EN PRADOS VELLOS
Desde as 16.30 h uns 70 nenos ocuparon as instalacións de Prados Vellos, despedindo esta temporada nunha xornada de convivencia.

Ares, 28 de maio de 2011
A xornada de clausura da temporada 2010-11 de biberóns na que participaron o Narón A, Narón B, Neda, O Val, A Solaina e o Numancia, celebrouse na tarde de onte nas instalacións aresás de Prados Vellos. Desde primeira hora da tarde comezaron a chegar os nenos e as súas familias completando un magnífico fin de temporada. Cumprindo cos obxectivos iniciais propostos pola AFACO, non daremos información de clasificacións, non hai vencedores nin vencidos, só e unicamente, nenos que se xuntaron para xogar ao fútbol, para divertirse e mesmo para compartir unha merenda.

Unha vez finalizados os tres partidos programados: Narón A – Neda; O Val – Narón B; e A Solaina – Numancia, procedeuse á entrega dos premios a todos os nenos: Vitoria Montenegro, concelleira de Ares e Ángel Barro, vicepresidente da AFACO, foron os encargados de colgar, pacientemente, as medallas e as mochilas a cada un dos nenos. Moitísimas grazas aos dous pola súa presenza e colaboración neste acto.

E xa coas medallas no pescozo, quedaba a merenda na cantina do Numancia, onde agardaban os bocatas, bebidas e lambetadas, todo preparado polas mamás e papás dos nenos do Numancia. Así dá gusto, cando se conta coa axuda e colaboración das mamás resulta máis doado organizar eventos. Graciñas a todos.

No remate da temporada o lóxico é mirar para atrás, repasar o que se fixo durante estes meses precedentes e extraer conclusións. Pois ben, a primeira reflexión ten que ser moi positiva e felicitar á AFACO pola organización destes encontros de biberóns, animándoa tamén para que repita a experiencia durante a vindeira temporada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.