BIBERÓNS: NUMANCIA, 0 – NARÓN, 4.

Comezou o Fútbol-7 para os/as máis pequenos/as.

Sábado, 14 de febreiro de 2009

César.

ALINEACIÓN: Xan Garabana; Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Cris Fernández, Samu Fernández, Lucas Arias, Óscar Domínguez, Raúl Maceira, Diego Fernández.

 

 GOLES: Migui e Xan.

 

COMENTARIO: Nunha boa tarde para xogar ao fútbol, en Caranza, comezou o Campionato de Fútbol-7 dos Biberóns, e o Numancia estreábase contra o Narón. Xógase co mesmo formato que no fútbol sala: 4 tempos e cada tempo é un punto.

Comezou o partido e os/as rapaces/as do Numancia correron detrás do balón sen conseguir, nin quitarllo ao Narón, nin controlalo cando o tiñan, e así pronto chegaron dous goles do Narón, ao que respostou Migui nunha contra moi rápida e ben rematada, que foi insuficiente. Así o Narón sumou o primeiro dos puntos en xogo... e non sería o último, xa que nos tres tempos restantes, un solitario gol de Xan, que robou a pelota en defensa, cruzou todo o campo e marcau, non foi bastante para contrarrestar o xogo e os goles do Narón, que se alzou cun claro 4-0, no que os pequenos/as do Numancia pagaron a adaptación a un espazo máis grande ao que estan acostumados.

Mais os/as nenos/as do Numancia de Ares non deixaron nin de correr, nin de intentalo durante os catro tempos, e puxeron moitas gañas, aínda que ían todos/as detrás do balón; ao final saúdos entre os/as xogadores/as de ambos equipos e aplausos para eles/as do público reunido no campo.

 

INCIDENCIAS: Partido xogado en Caranza.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.