Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. NUMANCIA, 0 - NEDA, 3.
 
 

BIBERÓNS. NUMANCIA, 0 - NEDA, 3.

ADR Numancia de Ares. Biberóns 2010-2011. Numancia 0 - Neda 3. Prados Vellos.CAMBIO BRUSCO DA PISTA O CAMPO.

Os de Ares apenas tiveron tempo de adaptarse ao campo de herba artificial véndose superados con facilidade polo rival.

Prados Vellos 21 de marzo de 2011

Polo Numancia xogaron: Izan, Marcos Rey, Marquitos, Iván, Manuel, Carlos, David, Iker, Axel, Brais e Xerar.

Despois de varias xornadas tendo contacto co pavillón, co partido de hoxe, aprazado no seu día e correspondente á primeira xornada de liga, retomábase de novo a competición de fútbol - 7 ao aire libre. Os máis pequenos volvían ter de novo contacto co campo de herba artificial, e xurdía o interrogante de como seria o cambio. Xa comezado o partido no primeiro cuarto notaríase a superioridade do equipo contrario, mais rodado neste tipo de superficie, reflectíndose no marcador cun parcial de 3 - 0. No segundo cuarto sería un calco do primeiro aínda que non no marcador xa que só se anotaría un gol a favor dos visitantes. No terceiro cuarto volveríase ampliar a conta de goles por parte do equipo visitante que finalizaría cun parcial de 2 - 0 a favor do Neda. O cuarto e ultimo cuarto remataría con empate a un gol, o que deixaría o resultado final de Numancia 0 - Neda 3.

O vindeiro venres, ás 17:00 horas os de Ares volveranse ver a caras de novo co Neda. Nesta ocasión no seu feudo, no Municipal de Neda. Partido correspondente a 6ª xornada do Torneo da AFACO. A ver si hay más sorte para os nosos rapaces.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.