Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. NUMANCIA, 2 - BARALLOBRE, 0.
 
 

BIBERÓNS. NUMANCIA, 2 - BARALLOBRE, 0.

ADR Numancia de Ares. Biberóns 2010-2011. Numancia 2 - Barallobre 0. Pavillón de Ares.VAISE NOTANDO A MELLORÍA DOS MAIS PEQUENOS.
Partido igualado entre aresáns e feneses, e no que o maior acerto dos locais permitiulles alzarse coa vitoria.

 

Ares 15 de marzo de 2011.

Polo Numancia xogaron: David, Marcos Rei, Marquitos, Iván, Carlos, Izan, Manuel, Brais e Juan.

Partido disputado na cancha aresá cun gran numero de espectadores que presenciaron un bonito e entretido partido entre o cadro aresano do Numancia e o fenés do Barallobre. No primeiro cuarto os numantinos, a diferenza doutras ocasións, saíron moi metidos no partido o cal veuse reflectido en claras oportunidades, aínda que non tanto en goles, xa que os de Ares só serían capaces de coar un na rede visitante, polo que se chegaría ao final do cuarto cun marcador dun a cero. Xa no segundo cuarto igualaríanse as forzas dos dous equipos e non serían quen de perforar a portaría do rival, finalizando co resultado parcial de cero a cero. No terceiro o cadro local dominou de principio a fin o mesmo e impúxose no electrónico por un merecido dous a un. E no ultimo tempo, coas forzas xa debilitadas, os dous bandos asinarían as táboas e rematarían cun empate a un que deixaría o resultado final sumando os parciais de NUMANCIA 2 - BARALLOBRE 0.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.