BIBERÓNS. NUMANCIA, 1 - NEDA "B", 1.
BO PARTIDO PERO POUCO ACERTO.
Os de Ares levaron boa parte do peso do encontro, pero no estiveron atinados nos metros finais, póla contra o rival xogando o contraataque sacou máis rentabilidade.
Ares 1 de marzo de 2011.
Polo Numancia xogaron: Israel, Marcos Rey, Izan, Carlos, Manuel, Marquitos, Iker, David e Xerar.
Partido intenso por parte de ambolos dous equipos e que comezou cun único gol a favor dos visitantes no primeiro cuarto, o que lles daría a vitoria parcial nestes dez primeiros minutos. No segundo cuarto o Numancia estivo mais metido no partido levando o peso do mesmo. Ainda así sería o Neda nunha contra o que se poñía por diante. Os de Ares a forza de intentalo conseguiron o tanto da igualada polo que este cuarto acabou en empate, 1 – 1. Quedando a espera de ver o que acontencía no terceiro e cuarto. O terceiro cuarto comezou tal como rematara o segundo, voltarían os locais a levar o peso do encontro, e a ter ás ocasións, que desta vez sí se viron reflectidas no marcador cun tanteo de 2 – 1. E xa o último dos cuartos, e mais xustiños de forzas, finalizou con empate a cero que deixaba as táboas no marcador. Polo que o resultado o final do encontro foi de Numancia 1 - Neda “B” 1.