BIBERÓNS: NUMANCIA, 2 – Materiais do Atlántico, 0
Mércores, 11 de febreiro de 2009
César.
ALINEACIÓN: Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Cris Fernández, Miguel Martínez, Lucas Arias, Óscar Domínguez, Pablo Cernada, Martín Cepeda..
ÁRBITRO: Jorge Martínez
GOLES: Migui (3), Pablo Cartelle e Samu
COMENTARIO : Primeira vitoria dos biberóns do Numancia na casa, en Ares, e foi frente ao Materiais do Atlántico, nun partido onde os nenos/as empezaron moi ben, e conseguiron gañar o primeiro tempo, cun gol nunha xogada moi rápida de Migui. Nesta parte o equipo visitante apenas conseguiu chegar á portería de Pablo Cartelle.
Non ocorreu o mesmo no segundo tempo, onde tiveron varias ocasións, pero as boas paradas de Pablo, conseguiron que só entrase un gol, e de novo Migui, nos últimos instantes desta parte, e en outra xogada moi rápida logrou empatar.
Na terceira parte non houbo goles, pero si xogadas por partes dos dous equipos para subir algún gol máis ao marcador, pero non foi así. E na última parte abreu o marcador Pablo Cartelle, cun bo gol parando a pelota dentro da área, e tirando ao pao. Migui nunha xogada con varios pases entre os biberóns numantinos, e Samu cun gol que cerraba o marcador, puxeron en ventaxa o Numancia, sen réplica por parte dos visitantes.
Así se chegou ao final, cun 2-0 a favor dos locais, nun partido onde non houbo ningunha mala acción por parte dos equipos, salvo algunhas xogadas nas que os xogadores dun e doutro equipo collían a pelota coa man....ante o que o árbitro do partido, con moito sentido, deuxou seguir sen darlle máis importancia. E para rematar bos modos entre os nenos/as de ambos equipos, e xestos de ledicia nas caras dos rapaces, cando daban a man a todo quen se cruzase con eles/as.
INCIDENCIAS: Partido xogado no Pavillón de Ares.