Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. NUMANCIA, 1 - NARÓN "A", 3.
 
 

BIBERÓNS. NUMANCIA, 1 - NARÓN "A", 3.

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2010- 2011. Numancia 1 - Narón BONITO PARTIDO EN ARES
Sexta xornada do Torneo AFACO de biberóns onde Numancia e Narón ofreceron un ameno e divertido partido ós numerosos afeccionados que se achegaron o pavillón de Ares.

 

Ares 18 de xaneiro de 2011

NUMANCIA: Izan, Iván, Carlos, Marcos, David, Marcos Rey, Xerar, Iker, Juan e Jairo

De novo saltaba a pista ó Numancia biberón. Moitos partidos últimamente para estos nenos, moitas novas experiencias e moita diversión e aprendizaxe. Nótase que ós rapaces van collendo soltura na pista.

O pasado martes poidemos ver un equipo, o do Narón, formado intregramente por xogadores de 5 anos que se desenvolvían moi ben na pista. Eran capaces de facer bastantes xogadas combinativas, iso xunto coa superioridade física fixo que se levaran o partido. Pero ó Numancia non o puxo fácil e loitou con moito ímpetu e tamén bo xogo, deixando claro que eles tamen melloran día a día é que a súa participación nos partidos non é testimonial.

Xa esta ben de falar de fútbol, o verdaderamente importante é que ós nenos cada día que pasa teñen mais amigos no fútbol, Numancia, Neda, Narón, Val, Barallobre… moitos amigos feitos en 3 meses de “competición”. Toca polo tanto… ¡¡¡SEGUIR DESFRUTANDO¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.