Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS: R.SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 0
 
 

BIBERÓNS: R.SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 0

O Numancia non pode gañar no partido aprazado polo temporal.

Vernes, 6 de febreiro de 2009

César

ALINEACIÓN: Raúl Nogueras, Xan Garabana, Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Jaime Sánchez, Diego Fernández, Pablo Cernada, Martín Cepeda, Raúl Maceira.

 

COMENTARIO : Por fin logrouse xogar un partido que o temporal que asola Galicia nas últimas semanass fixo aprazar dúas veces, pero á terceira vai a vencida, e encontráronse o Racing San Pedro como local, e o Numancia de Ares como visitante, e despois dun primeiro tempo no que os nenos do Numancia xogaron ben, mais non lograron marcar, a pesar de dispor de varias ocasións para facelo; o San Pedro recompúxose no segundo e no terceiro tempo, no que aproveito as súas ocasións, mentres os visitantes seguían a errar as súas. Co  que chegamos ao último cuarto, co partido resolto, e novamente o Numancia xogando ben mereceu marcar algún gol, pero unhas veces a precipitación, outras o propio San Pedro, e outras simplemente a mala sorte, evitaron o gol dos visitante, e pola súa parte os locais, moi efectivos cara a porta, aproveitaron unha ocasión aillada que fixo subir un 3-0 ao marcador final do partido.

Foi un bo partido, no que cun pouco de sorte ao principio para o Numancia, o resultado podería ser outro, pero o importante é que os nenos  comezan a xogar como equipo, e a falarse entre eles durante o partido, e así disfrutan máis do fútbol.

 

INCIDENCIAS: Partido xogado no Pavillón do Ensanche, no Inferniño (Ferrol)

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.