BIBERÓNS. VOLTA Ó TRABALLO.

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2010-2011. Volta ó traballo. Pavillón de Neda.INTENSA SEMANA DE COMPETICION.
Finalizou o período vacacional de Nadal e nosos peques volveron á actividade cun calendario moi intenso nesta semana, pois ademais dos adestramentos, tiveron que facer fronte a dous partidos da competición ligueira.

Ares, 17 de xaneiro de 2011.

O VAL 1 - NUMANCIA 2.

O primeiro destes compromisos ligueiros tivo lugar o pasado mércores 12, no pavillón de O Val, onde os nosos biberóns se desprazaron para enfrontarse ao equipo local.

Foi un partido moi igualado, no que o Numancia, estivo mais acertado de cara a porta nos dous últimos cuartos, o que lle propicio adxudicarse a vitoria do choque. Destacar da xornada a boa participación dos nenos e o bo comportamento, aspectos que indican que van mellorando e integrándose mellor cada día.

NEDA "B" 1 - NUMANCIA 1.

O outro enfrontamento tivo lugar o venres 14. Nesta ocasión os rapaces desprazáronse ata Neda para enfrontarse a un dos equipos da localidade, o Neda "B". Un conxunto local formado por nenos de catro anos, polo que houbo que facer un pouco encaixe de bolillos para que a diferenza non fose tan grande entre un e outro equipo.

O primeiro cuarto, estivo moi igualado, onde un gol do Neda propicio que se o adxudicaran. No segundo e terceiro cuarto os de Ares exerceron unha pequena superioridade territorial, con chegadas claras á meta rival, pero os desacertos nos últimos metros propiciou que ámbolos dous períodos finalizaran sen goles. No ultimo cuarto, os de Ares estiveron mais atinados de cara a porta e marcaron tres goles, polo que se adxudicaron este período. O final a contenda saldouse con táboas no marcador.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.