Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. EF NARÓN "B", 0 - NUMANCIA, 4
 
 

BIBERÓNS. EF NARÓN "B", 0 - NUMANCIA, 4

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2010-2011. EF Narón GRAN EXPERIENCIA
Segunda xornada do Torneo AFACO de fútbol sala disputada o pasado venres no pavillón Municipal de A Gándara en Narón.

 

 

Narón 10 de decembro do 2010.

NUMANCIA: Iván, Iker, Juan, Xerar, Jairo, Marcos Rey, David e Marcos.

Partido xogado nada mais e nada menos que no pavillón municipal de A Gándara, un pavillón de primeira categoría onde por exemplo disputa os seus partidos como local o Cidade de Naron de categoría senior a nivel nacional. Unha gozada de instalación para os mais pequenos e ós seus acompañantes. A verdade é que neste partido ós nenos dos dous equipos estiveron demasiado perdidos, froito da grandeda da instalación, a veces non sabían para onde mirar. Foi un partido que tivo pouca continuidade de xogo, aínda que o Numancia por momentos foi quen de enlazar varios pases seguidos que formaban bonitas xogadas ofensivas, algunas das cales termiñaron en gol. Os outros goles numantinos, foron chegando pola superioridade física dos de Ares, de maior idade que os naroneses. Estes últimos, poñian todo o seu empeño en frear ós impetúosos nenos numantinos. Finalmente, os de Ares calmaron ás suas ansias, en parte tamén para non ir castigados ó banquillo por non pasar a pelota e o resultado que é o que menos importa, non foi demasiado abultado. Todos os nenos poideron desfrutar do fútbol, os de 3, 4 e 5 anos. Foi outra nova festa do fútbol biberón.

Quedades todos emprazados para o vindeiro partido dos biberós do Numancia, do cal daremos cumplida información. ¡¡¡A seguir aprendendo e disfrutando¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.