Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS: NUMANCIA, 1 – O FREIXO, 2
 
 

BIBERÓNS: NUMANCIA, 1 – O FREIXO, 2

Un solitario gol de Isma non lle chega aos biberóns do Numancia para manterse imbatidos.

Luns, 2 de febreiro de 2009

César

ALINEACIÓN: Raúl Nogueras, Xan Garabana, Isma Medín, Migui Oliveira, Pablo Cartelle, Jaime Sánchez e Diego Fernández.

 

GOLES: Isma

 

COMENTARIO : Voltaban a xogar os biberóns en Ares, pero esta vez o resultado non foi moi positivo, e iso que os nenos/as non xogaron mal, pero precipitábanse e tiraban desde moi lonxe, o que dificultaba que o balón chegase con forza á porta; pola súa parte o Freixo, cun neno fixo atrás durante todo o partido cortou as poucas ocasións que fixeron os locais, e cun par de ocasións, lograron levarse dous tempos do partido, cun solitario gol cada un, pero no último tempo, Isma logrou un gol que maquilla un pouco o resultado, quedando nun 1 a 2 en contra dos intereses do Numancia. Foi un partido con poucos goles para o que soen pasar cando xogan os biberóns, o que non quere dicir que non xogaran ben, só que as xogadas remataban no último xogador do Freixo. E así rematou o segundo partido en Ares do Numancia, onde os nenos/as estiveron entretidos e disfrutando de xogar con outros/as nenos/as;e ao final houbo un forte aplauso aos protagonistas de todos estes partidos: os/as nenos/as.

 

INCIDENCIAS: Partido xogado no pavillón de Ares

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.