BIBERÓNS. NUMANCIA, 0 - NEDA "A", 3.
BONITO DEBUT NO FÚTBOL SALA
Os de Ares caeron ante o Neda “A” no primeiro encontro do Trofeo de Fútbol Sala.
Ares 30 de novembro do 2010.
NUMANCIA: Izan, Iván, Carlos, Marcos, David, Marcos Rey, Xerar e Iker.
Primeira xornada do Torneo AFACO de fútbol sala disputada o pasado martes no polideportivo municipal de Ares.
Despois dun mes de novembro de fútbol – 7, chegaba o turno o pasado martes para o fútbol sala na categoría biberón. Unha modalidade mais axeitada para ós nenos e para as condicións climatolóxicas dos vindeiros 3 meses. No primeiro partido ó Numancia medíase ó Neda, un equipo con todos ós xogadores de 5 anos e xa con experiencia na categoría de biberóns.
Os nosos xogadores fixeron un moi bo partido, plantando cara ó Neda en todo momento, víndose soamente superados pola diferencia de forza e estatura entre ambos equipos.
Pouco a pouco os numantinos de 5 anos van amosandose mais serios nos partidos, e os mais novos, os de 4 e algún de 3 progresan a pasos axigantados, demostrando que non teñen medo ningún ós nenos mais maiores que eles.
En definitiva, outra festa do fútbol biberón con moitos saúdos e aplausos o principio, durante e o remate do encontro. Outro novo regalo por parte dos nenos ó público asistente. Simplemente foi o principio desta “competición” de fútbol sala.
A vindeira festa, no próximo partido ante o Narón “B”.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡