Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. BARALLOBRE, 4 - NUMANCIA, 0.
 
 

BIBERÓNS. BARALLOBRE, 4 - NUMANCIA, 0.

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2010-2011. Barallobre, 4 - Numancia, 0. O RamoDIFERENCIA DE “ALIMENTACIÓN”
A maior corpulencia física dalgúns xogadores do Barallobre marcou as diferencias no encontro. 

 

O Ramo 12 de novembro do 2010.

NUMANCIA: Izan, Marcos Rey, David, Carlos, Marcos, Iván, Iker, Jairo, Xerar, Hugo.

Nova xornada do Torneo AFACO de biberóns onde o Numancia xogou ante o Barallobre no campo fenés de O Ramo, de herba natural. Polo tanto, outra nova experiencia para os nenos, acostumados a xogar en pista, a semana pasada probaron a herba artificial, esta semana tocou xogar na herba natural. Moitas experiencias novas en pouco tempo para ós rapaces.

O partido estivo dominado polo Barallobre, especialmente por dous dos seus xogadores, cun corpo moi forte e unha estatura demasiado elevada para a categoría. Estos dous xogadores defendían con forza a portería local e monopolizaban o fútbol de ataque do seu equipo, sendo imposible para os numantinos parar as carreiras e avances das dúas torres convertidas en xogadores biberóns da SD Barallobre.

O Numancia, cunha filosofía totalmente oposta, intentaba que todos os seus rapaces participaran nas xogadas de ataque, intentando dar o maior número de pases posibles antes de chegar a porta contraria. Gran melloría a dos numantinos con respecto o primeiro encontro en Narón. Moita mellor colocación no campo, moito mais atentos e mais cantidade de pases, o que fixo que se poideran conseguir algúns goles mediante o xogo en equipo, a pesares da diferencia na corpulencia dos xogadores dun e doutro conxunto.

Polo tanto, una nova aprendizaxe, outra festa do fútbol para os nosos nenos, que agradecen co seu esforzo os ánimos e o cariño que reciben dende a banda.

A vindeira xornada o Numancia xogará o venres as 17:00 en Prados Vellos ante o Narón (se o tempo o permite). Debut en Prados Vellos nesta aventura que están vivindo os nenos nesta tempada. Esperamos veros a todos desfrutando, animando e rindo con nenos o vindeiro venres.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Para ver os resultados da 2ª xornada e clasificación PICA AQUI (Información ofrecida polo WEB do Narón Balompé)

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.