BIBERÓNS. E.F. NARÓN "B", 0 - NUMANCIA, 4.

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2010-2011. EF Narón DÍA HISTÓRICO PARA ÓS NENOS


Emocionante debut no que para a maoiria foi o seu primeiro contacto coa competición. 

Narón 5 de novembro do 2010

NUMANCIA: Izan, Marcos Rey, David, Carlos, Marcos, Iván, Iker, Juan, Jairo, Xerar e Hugo.

Debutou o pasado venres as 17:00 da tarde no campo de fútbol de O Cadaval en Piñeiros, o equipo biberón do Numancia de Ares no Torneo de Fútbol – 7 organizado pola AFACO, un torneo onde o que menos importan son ós resultados, e incluso o fútbol. O importante é que un grupo de nenos de 3, 4 e 5 anos teñan as primeiras experiencias co fútbol, disfruten e sexan felices correndo detrás dun balón.

Neste primeiro encontro, xogou o Numancia ante un equipo composto íntegramente por nenos de 3 anos. Isto notouse fútbolisticamente, aínda que os aresán deixaron tamén xogar con comodidade os pequenos naroneses, xa que aquí do que se trata é de que todos ós nenos participantes no encontro desfruten todo ó posible. Neste partido todos correron, tiraronse polo chan, derón patadas o balón, tiveron conversacións cos adversarios mentres o balón estaba en xogo, facendo así novos amigos. Se me esquecía comentar que ata tiveron tempo para xogar un pouco ó fútbol.

Bonita experiencia polo tanto para todos os xogadores e acompañantes. Moitos familiares presentes, moitos gritos de ánimo, moitas cámaras de fotos para inmortalizar esta primeira experiencia nun campo de fútbol. Precioso ambiente, aínda que non hai que esquecer que os verdadeiros protagonistas deben ser os nenos, desfrutando sen ser forzados nin presionados a nada mais que a pasalo ben.

Seguirá durante o mes de novembro (sempre que as condicións climatolóxicas o permitan) o torneo AFACO en fútbol 7. En decembro, xaneiro e febreiro xogaremos a fútbol sala. Posteriormente en marzo e abril retomaremos o fútbol – 7. Isto non fixo mais que comezar, por sorte para os nenos. ¡¡¡Vémonos nos vindeiros encontros, co obxetivo de desfrutar tanto como no primeiro.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

O noso agradecemento a WEB do Narón Balompé pola fotos do encontro. Para velas pica aquí.

Para ver os resultados da 2ª xornada e clasificación PICA AQUI (Información ofrecida polo WEB do Narón Balompé)

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.