Inicio Noticias Biberóns TORNEO DE BIBERÓNS DA AFACO
 
 

TORNEO DE BIBERÓNS DA AFACO

COMEZARÁ O VINDEIRO 29 DE OUTUBRO
A AFACO organiza un torneo de F-7 de biberóns no que participarán seis equipos: Narón A, Narón B, Neda, Val, Barallobre e Numancia.

Ares, 12 de outubro de 2010
Na reunión celebrada onte no local social da AFACO, acordouse organizar un torneo para os máis pequerrechos, cunhas características moi particulares: non se elaborará clasificación; os partidos serán os venres ás 17.00 h.; non existe o fóra de xogo; e os partidos divídense en catro tempos de dez minutos.
Os partidos da primeira xornada están previstos para o venres, 29 de outubro, aínda que sempre se estará pendente das condicións meteorolóxicas, e existirá todas as facilidades para que os clubes se poñan de acordo á hora de modificar as datas.
Finalizada a primeira volta no mes de novembro, haberá un parón ata o mes de marzo nesta modalidade de F-7. E nos meses de inverno, con estes mesmos equipos máis A Solaina, comezará outro torneo, neste caso de F-5 que se disputará nos pavillóns cedidos polos concellos respectivos.
O Numancia participará nos dúas modalidades cos nenos que xa comezaron esta actividade desde primeiros de outubro. Esta actividade de “Iniciación ao Fútbol” ten lugar os martes e xoves no pavillón municipal aresán de 17.30 a 18.30 h.. O monitor este ano é Jorge Martínez Varela. 

Para ver o calendario do I Torneo de Biberóns Asociación A.F.A.C.O. de Fútbol - 7, pica aquí. 

Para ver o calendario do I Torneo de Biberóns Asociación A.F.A.C.O. de Fútbol Sala, pica aquí.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.