Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS: NUMANCIA, 5 – Sª MARIÑA, 5
 
 

BIBERÓNS: NUMANCIA, 5 – Sª MARIÑA, 5

Os Biberóns xogaron o seu primeiro partido coma locais empatando contra o Santa Mariña

Mércores, 21 de xaneiro de 2009

César

ALINEACIÓN: Raúl Nogueras, Xan Garabana, Isma Medín, Iago Vázquez, Migui Oliveira, Samu Fernández, Pablo Cartelle, Cris Fernández, Raúl Maceiras e  Óscar Domínguez

 

GOLES: Xan, Isma, Migui, e Samu.

 

COMENTARIO : Segundo partido dos biberóns.O Santa Mariña, adiantouse no marcador por dúas veces sen réplica por parte do Numancia nun arranque de partido, no que os/as nenos/as estaban un pouco perdidos/as. Logo abriu o marcador para o Numancia Samu, pero un gol en propia porta de Numancia fixo que no descanso, o Santa Mariña gañase no marcador por 1 a 3. Pero na segunda parte o Numancia púxolle moitas gañas, e logrou adiantarse no marcador aproveitando tamén que o Santa Mariña marcou en propia porta. Sumáronse os goles de Xan, Isma e Migui, co que nos últimos minutos do partido o equipo local gañaba 5 a 4, pero a piques do final, nunha xogada moi rápida o Santa Mariña logrou empatar.  Foi un partido moi entretido e vistoso.

 

INCIDENCIAS: Partido xogado no pavillón de Ares

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.