AFECCIONADOS. BARALLOBRE, 2 - NUMANCIA, 3

SUPERADO OUTRO TEST DE PRETEMPORADA
Partido moi disputado ante un Barallobre con moitas caras novas.

Ares, 14 de agosto
O campo do Ramo foi onte o escenario dun novo partido de preparación para o equipo aresán, que comezou con esta alineación:
Fivi, Bule, Costa, Antón, Zeta, Oli, Jorge, Carlos, Jose, Rubén, Manu.
Na segunda parte tamén xogaron: Martín, Manu Chao, Pedro, Pedro Blanco, Kiko, Javi, Teti e Maguet.
Adiantouse no marcador o Barallobre nada máis comezar o partido e con este resultado de 1 – 0 finalizou a primeira parte. Posteriormente, os goles de Manu e Jorge puxeron un 1 – 2 que parecía definitivo mais o equipo local conseguiu o empate a dous goles. No último suspiro do encontro, Maguet materializou o tanto da vitoria, empuxando un balón enviado por Manu.
Comentar que foi o típico partido de pretemporada, no que os adestradores van perfilando o equipo, dando minutos a todos os xogadores.

 

SDR Numancia de Ares. Pretemporada 2010-2011. Barallobre-Numancia. SDR Numancia de Ares. Pretemporada 2010-2011. Barallobre-Numancia.

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares. Pretemporada 2010-2011. Barallobre-Numancia.SDR Numancia de Ares. Pretemporada 2010-2011. Barallobre-Numancia.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.