AFECCIONADOS. NUMANCIA 2000 - NUMANCIA 2010

HOMENAXE AOS CAMPIÓNS DO 2000
Este sábado, 31 de xullo, ás seis da tarde, saltarán a Prados Vellos os compoñentes daquel equipo do ano 2000 que conseguiran o título de segunda autonómica coas cores do Numancia.

Ares, 28 de xullo de 2010
AS.D.R. Numancia de Ares. Temporada 1999-2000. Campeones 2ª Regional temporada 1999-2000 de segunda autonómica finalizaba un trinta de abril coa vitoria do Numancia en Neda por 1-2, mais con anterioridade xa se proclamara campión de liga, exactamente na xornada 32 en Barallobre, onde gañara por 2 -3 con goles materializados por Víctor, Chente e Pedro. Dez anos despois este plantel de xogadores, adestradores e directivos xuntaranse en Prados Vellos para rememorar aquela gloriosa temporada. Será un reencontro para moitos deles e un reto para eses xogadores que con dez anos máis terán que enfrontarse ao actual equipo do Numancia.
O delegado do Numancia nesa temporada foi Manuel Salgado Porto, autor dun pequeno e completo libriño que recolle a estatística da temporada: resultados, clasificacións, alineacións, goleadores, amoestacións, minutos xogados, ... así coma fotografías que ilustran esta publicación titulada “Cuando fuimos campeones”.  Precisamente reproducimos a primeira páxina desta obra, na que se citan aos compoñentes da xunta directiva e do plantel deportivo, baixo este titular “Todos los nombres de los campeones”:

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 1999-2000. Campeones 2ª Regional

Xunta directiva:
Presidente: Ángel Luis Pita Carretero (Pita)
Vicepresidentes: Manuel Pérez Prados (Manel) e Pedro García Vilar (Pedro)
Secretario: Rafael Bérmudez Iglesias (Rafa)
Tesoureiro: Ramón Barros Fonte (Moncho)
Vogais: Manuel Peña Fernández (Manolo), Antonio Rodríguez Martínez (Toni), José Ignacio Redondo Teijeiro (Redondo), Valentín Fernández Cruz (Valentín), José Ovidio Peña Fernández (Ovidio), Juan José Fernández Bouza (Juan), Jesús Bardanca García (Suso) e Manuel Salgado Porto (Manolo).
Plantel
Porteiros: Juan Alberto, Óscar Aneiros, Lourido e Sergio.
Defensas: Fon, Lino, Víctor, Manu Casal, Oliveira, Aquilino, Jorge e Fran Montero.
Medios: Manel, Óscar Castro, Dani, Jose, Kiko, Fran Bardanca, Perico e Marcelino.
Dianteiros: Beto, Chente, Pedro e Domingo.
Adestradores: Juan Veiga e José Veiga
Despois das páxinas onde xornada a xornada se ofrecen os datos de cada partido, extraemos os números finais, as cifras do Numancia campión dunha liga de segunda autonómica con 32 xornadas:
Partidos gañados: 23;  empatados, 6; perdidos, 3;
Goles a favor: 80 ; en contra, 28;
Puntos: 75, sete máis có Somozas, segundo clasificado.
Na páxina das estatísticas individuais recollemos que os máximos goleadores desa temporada foron:
Chente (22)
Pedro (13)
 Beto (11)
 E os once xogadores que disputaron máis minutos foron estes:
- Aquilino (2.655  m.) con trinta partidos xogados
- Oliveira (2.582  m. ) e trinta partidos.
- Chente (2.433  m.) e vinte e oito partidos.
- Víctor (2.334   m.) e trinta partidos
- Juan Alberto (2.202  m.) e vinte e cinco partidos.
- Marcelino (2.179 m.) e vinte e oito partidos.
- Beto (2.118 m.) e trinta partidos
- Jose (2.021 m.) e vinte e sete partidos.
- Pedro (1.940 m.) e vinte e cinco partidos.
- Fran Montero (1.941 m.) e vinte e catro partidos.
- Fran Bardanca (1.672 m.) e vinte e dous partidos.

 S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 1999-2000. Campeones 2ª Regional. Afición También es Campeona.Un inmenso traballo de Manuel Salgado ao que lle agradecemos ese tremendo esforzo que agora nos permite recuperar as vitorias e os goles daquela temporada. Non podemos deixar de mencionar que na última páxina inclúe unha fotografía das sufridoras e fieis seguidoras numantinas, vestindo unhas camisolas co lema: “La afición también es campeona”.
Seguro que este sábado poderemos renderlles outra pequena homenaxe a toda esta xente, auténticos protagonistas da historia do Numancia, acudindo a Prados Vellos ás seis da tarde.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 1999-2000. Campeones 2ª Regional

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 1999-2000. Campeones 2ª Regional

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.