AFECCIONADOS

PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO EQUIPO
Tras as palabras de Manolo, vicepresidente do Numancia, o vestiario local pechou a súa porta e aí quedaron os xogadores co seu adestrador, Carlos Rodríguez.


Ares, 24 de xullo de 2010
Na tarde deste venres, 23 de xullo, tivo lugar a primeira charla da temporada. Carlos Rodríguez quedou a soas cos seus xogadores para acordar, entre outros temas, o desenvolvemento desta pretemporada que se iniciará a vindeira semana, concretamente o luns, 26 de xullo ás 20.15 h. Vai ser unha semana intensa, na que traballarán todos os días agás o mércores, e que terá o seu final no partido do sábado, 31 de xullo, ás 18.00 h. contra aquel Numancia da temporada 1999/2000 que se proclamara campión de liga de segunda autonómica.
Os xogadores que acudiron a esta primeira cita foron estes:
- Continúan da temporada anterior: Sergio, Kiko, Bule, Vicente, Borja, Jose, Manu, Oli, Rubén, Carlos, Jauma, Dani, Jesús e Teti. Por distintos motivos, non puideron asistir Pedro, Javi e Costa.
- Procedentes da categoría xuvenil: Iván, Fivi, Tobe, Antón, Pedro, Jorge e Martín. (faltou Pita, por causa xustificada)
- Fará a pretemporada: Eloy
Con respecto á temporada xa finalizada, non continuarán no Numancia xogadores que cambian de equipo ou que se retiran da práctica futbolística. Confirmados a día de hoxe temos estes casos: Julio (Eume), Ortega (Maniños), Álex García (G. Mugardos), Pedrito, Michi e Fernando.


SDR Numancia de Ares Presentación Equipo Afeccionados Temporada 2010-2011. SDR Numancia de Ares Presentación Equipo Afeccionados Temporada 2010-2011.

 

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares Presentación Equipo Afeccionados Temporada 2010-2011.SDR Numancia de Ares Presentación Equipo Afeccionados Temporada 2010-2011.

 

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares Presentación Equipo Afeccionados Temporada 2010-2011.SDR Numancia de Ares Presentación Equipo Afeccionados Temporada 2010-2011.

 

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares Presentación Equipo Afeccionados Temporada 2010-2011.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.