AFECCIONADOS. PRETEMPORADA
PRIMEIRO ADESTRAMENTO CON CARLOS RODRÍGUEZ
Esta tarde deu comezo en Prados Vellos unha nova etapa no Numancia de afeccionados, con Carlos Rodríguez coma adestrador do equipo.
Ares, 13 de xullo de 2010
Ás oito da tarde saltaron ao céspede os gardametas: Kiko, Iván, Fivi, Tobe e Carlos. Tiveron unha primeira sesión de adestramento e seguirán nos vindeiros días cunhas sesións específicas para eles que servirán a Carlos Rodríguez para ir coñecendo as súas aptitudes.
O resto dos xogadores incorporarase aos adestramentos o venres, 23 de xullo, ás 20.30 h. Hai que destacar que o novo adestrador conta con todos os xogadores que formaban parte do plantel esta última temporada, así coma cos xuvenís que, por idade, soben ao primeiro equipo.
Nestes días estanse pechando os partidos amigables a disputar durante esta pretemporada e xa podemos informar do calendario previsto:
Sábado, 31 de xullo: Numancia – Numancia do 2000 (campión de 2ª)
Sábado 7 e domingo 8 de agosto: Torneo de Maniños
Venres, 13 de agosto: Barallobre - Numancia
Domingo, 15 de agosto: Numancia - G. Mugardos (se o Galicia quedase eliminado da Copa Deputación)
Mércores, 18 de agosto: San Mateo - Numancia
Domingo, 22 de agosto: Numancia – Eume.
Domingo, 29 de agosto: Numancia – Mugardos B.