AFECCIONADOS. PRESENTACIÓN DO ADESTRADOR

CARLOS RODRÍGUEZ INICIA UN NOVO CICLO
Manolo Fernández, vicepresidente do Numancia, presentou esta tarde ao adestrador da próxima temporada para a categoría de afeccionados.

Ares, 4 de xuño de 2010
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Presentación del nuevo entrenador para la temporada 2010-2011. Carlos RodríguezÁ finalización do partido de semifinais de alevíns foi presentado o novo adestrador, Carlos Rodríguez, que substitúe no cargo a Juan Alberto, despois de que este último optara por non continuar dirixindo aos aresáns.
Durante o acto, que se desenvolveu no centro do campo, Carlos Rodríguez expuxo as súas intencións e os seus principios. Asimesmo, cada xogador tamén tivo a oportunidade de manifestarse e explicar a súa situación de cara á vindeira temporada.
Carlos Rodríguez Gómez, ferrolán de nacemento, xogou ata os dezaoito no equipo do Inferniño, desde onde pasou ao Galicia Mugardos, equipo co que se proclamou campión galego de afeccionados. Xogando no Sillobre conseguiu o pichichi da Liga da Ría, e tras un paso fugaz polo Maniños, fichou polo Meirás, club no que se retirou coma futbolista ao cabo de nove anos.
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Presentación del nuevo entrenador para la temporada 2010-2011. Carlos RodríguezPrecisamente foi o Meirás B o primeiro club que adestrou e co que conseguiu o ascenso a segunda rexional na súa primeira temporada, na que tamén desempeñaba o cargo de segundo adestrador do Meirás de terceira división. Na súa segunda temporada no Meirás obtivo o segundo posto, a puntos co campión, o Maniños.
Xa no Val, equipo no que máis temporadas adestrou, estivo en tres ciclos: comezou co equipo en primeira rexional (uns catro anos); descansou unha temporada; no segundo ciclo, co Val en Preferente, adestrou outros tres anos; botou outras tres temporadas retirado das funcións técnicas; e, finalmente, no 2007, dirixiu ao equipo do Val de terceira división. Desde entón, non volverá aos banquiños.
Carlos Rodríguez confesouse coma un adestrador competitivo: “ adestro para quedar o máis arriba posible, aínda que despois os resultados son os que te poñen onde mereces”. S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Presentación del nuevo entrenador para la temporada 2010-2011. Carlos RodríguezPreguntado pola plantilla do Numancia, afirma que “conto cos xogadores que están agora e tamén con aqueles rapaces que veñen dos xuvenís”. Cando lle sondeamos a posibilidade de traer reforzos, de inicio, lembra que o Numancia traballa de acordo cunha filosofía na que dá preferencia aos xogadores da casa, mais engade que “tampouco descarto recuperar a algún xogador aresán que poida volver ao equipo. Mesmo veremos se hai necesidade de reforzar algunha posición que estea frouxa”.
Por tanto, esta tarde comezou unha nova etapa no Numancia de segunda autonómica, despois das dúas temporadas nas que con Juan Alberto ao mando, se conseguiron uns aceptables resultados.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.