AFECCIONADOS. C. MANIÑOS, 3 - NUMANCIA,1.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2009-2010. C. Maniños 3 - Numancia 1. O Pote.OS ARESÁNS ELIMINADOS DÁ COPA AO CAER EN OITAVOS FRONTE O MANIÑOS.
Partido intenso, vibrante e aberto, con alternativas para ámbolos dous conxuntos, no que levou a eliminatoria o equipo que estivo máis acertado. 


O Pote, 22 de maio do 2010.

Oitavos de final dá Copa de Ferrol, categoría afeccionados.

CULTURAL MANIÑOS, 3 - NUMANCIA 1.

ALIÑACIÓNS:
Cultural Maniños: Rodri, Marcos Sánchez, Adrián, David Álvarez, Casteleiro, Javi, Markitos, Uxio, Diego e Luís.
Numancia: Kiko, Bule, Pedro, Alex García, Vicente, Borja, Jose, Javi, Manu, Oli e Julio.

COLEXIADO: D. Juan C. García García (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Adrián, Casteleiro, Uxio, Dani, Edu e Alex polo Maniños. E polo Numancia viron tamén cartón amarelo, Borja, Jose, Javi e Julio.

GOLES:
1 - 0: minuto 20, Markitos.
2 - 0: minuto 30, Diego (de penalti).
2 - 1: minuto 40, Oli.
3 - 1: minuto 81, Diego.

Antes de dar comezo o encontro gardouse un emotivo e respectuoso minuto de silencio en recordo de Dª Emilia Vázquez Rodríguez, nai de José Darriba “Kolé”. Descanse en paz.

 


MINUTO A MINUTO:
1ª Metade:
M 1: libre directo que lanza Dani e detén Kiko sen problemas.
M 6: libre directo que executa Borja e o balón sae pegado á escuadra da portería local.
M 7: corner que saca Borja, García peitea de cabeza e remate de Oli no segundo pau que marcha fóra.
M 8: roubo de balón de Jose en medio campo, contraataque pola banda, cede a Oli que se interna na área dispara e o balón é rexeitado por un defensa, o gardameta en última instancia envía a corner. Saca o corner Borja, Oli remata de cabeza excesivamente cruzado e o balón pérdese pola liña de fondo.
M 14: forte disparo de Dani dende fóra do área que sae pegado ao traveseiro da portería aresá.
M 20: GOOOOOOOOOL DO MANIÑOS!, forte disparo dende fóra do área, o balón bota diante de Kiko que non é capaz de detelo, o rexeite é aproveitado por Markitos que libre de marca e de cabeza envía ao fondo das mallas, 1 - 0.
M 25: libre directo que lanza Manu axustado á base do pau, Rodri de sensacional estirada rexeita e o balón peta no pau. O rexeite remátao Oli de cabeza estrenlandó no traveseiro, finalmente Casteleiro afasta o esférico da área do Maniños.
M 26: centro a área de Jose, controla Javi e forte disparo que rexeita a defensa.
M 30: GOOOOOOOOOL DO MANIÑOS!, penalti que comete Pedro sobre Luís, lanza Diego e gol, 2 - 0.
M 33: disparo bombeado de Luís que marcha por riba do longueiro.
M 35: cartón amarelo a Julio do Numancia.
M 36: forte disparo de Luís dende a liña de fondo que Kiko rexeita a corner.
M 37: cartón amarelo a Casteleiro do Maniños e Jose do Numancia.
M 38: falta que lanza Borja e detén Rodrí sen problemas.
M 40: GOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, pase en profundidade de Javi sobre Oli, controla encara a Rodri e báteo de forte disparo raso, 2 - 1.
M 46: forte disparo de Julio dende os tres cuartos de campo que Rodri detén en dous tempos.
M 47: cartón amarelo a Borja do Numancia.
M 48: control de Diego no bordo do área do Numancia, leva a García, intenta sorprender a Kiko por alto pero o balón vaise por riba do traveseiro.

2ª Metade:
No descanso cambio no Numancia retírase Jose e entra Carlos
M 2: centro de Borja sobre Julio, controla pero un defensa sácalla dos pés cando ía disparar.
M 6: libre directo que lanza Diego, roza a escuadra e vaise fóra.
M 7: penalti de Adrián sobre Carlos. Lanza Manu e Rodrí rexeita cos pés. A falta custoulle o cartón amarelo a Adrián
M 11: cartón amarelo a Dani do Maniños.
M 12: cartón amarelo a Casteleiro do Maniños.
M 13: libre directo que lanza Julio dende os tres cuartos de campo, raso e axustado á base do pau que rexeita Rodrí de sensacional estirada.
M 15: cambio no Maniños retíranse Dani e Luís e entran Jomaka e Amato.
M 16: cartón amarelo a Javi do Numancia.
M 18: cartón amarelo a Uxio do Maniños.
M 19: cambio no Maniños retírase Markitos e entra Edu
M 21: disparo de Diego que Kiko de sensacional estirada rexeita o balón e peta no pau. O rexeite recólleo David Álvarez e forte disparo de socato que volve rexeitar Kiko, o rexeite recólleo Edu, dispara, e cruza excesivamente o balón que marcha pola liña de fondo.
M 30: cambio no Maniños retírase Casteleiro e entra Alex. E no Numancia retírase Julio e entra Jesús.
M 32: corner que saca Carlos remata Oli e detén Rodrí sen problemas.
M 34: pase cruzado de Javi sobre Carlos, este adiántase en exceso o balón que chapa Rodrí tirándose aos pés do dianteiro aresán.
M 40: cambio no Numancia retírase Vicente e entra Rubén.
M 43: falta que lanza Bule e Rodrí detén en dous tempos.
M 44: cambio no Numancia retírase Javi e entra Dani.
M 45: cartón amarelo a Edu do Maniños.
M 46: cartón amarelo a Alex do Maniños.
M 47: gol anulado ao Numancia por suposta man dentro do área.
M 48: disparo de Jesús dende a semilua do área que marcha por encima do traveseiro.
M 51: GOOOOOOOOOL DO MANIÑOS!, libre directo que executa Diego e golazo por toda a escuadra, 3 - 1.

A pesar do intenso calor foron moitos os afeccionados que se desprazaron ata Maniños, onde unha vez finalizado o encontro a plantilla do Numancia dende o centro do terreo de xogo dispensou cun forte aplauso o seu agradecemento á numerosa e fiel afección que se deu cita no Pote para animar ao equipo e que unha vez máis na bancada gañou por goleada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.