AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - G. CARANZA, 1

O NUMANCIA CLASÍFICASE PARA OITAVOS DA COPA DE FERROL
Primeira eliminatoria da Copa de Ferrol, disputada a partido único e superada polos locais ante un Caranza que contou con varias oportunidades de gol.


Ares, 16 de maio de 2010
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio; Bule, Pedro (Costa, m. 81), Antón, Jauma (Vicente, m. 72); Álex, Jose (Rubén, m. 85), Borja, Oli, Julio (Carlos, m. 65) e Manu.
G. CARANZA: Álex; Rafa, Ángel (Víctor, m. 73), Keita, Adrián (Bubi, m.45 (Chechu, m. 61)), Kike, Killo, Emilio, Juancho, Torres e Fran.
ÁRBITRO: O colexiado Juan García, auxiliado por Xavier Riobo e Juan Orozco. Tres amoestacións para o Numancia: Pedro, Jauma e Rubén; e catro para o Caranza: Kike, Killo, Emilio e Torres.
GOLES:
1 - 0  (m.29): Manu
2 - 0  (m.67): Jose
3 – 0  (m.72): Oli
3 – 1 (m.76): Torres.

 


MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
m. 4: Balón recuperado por Manu no banderín de córner e centro ao primeiro pau que chapa o porteiro.
m. 13: Falta sacada por Borja desde fóra da área ao punto de penalti e remate de cabeza de Oli que sae alto.
m. 17: Falta que saca Torres e non chega ningún dianteiro ao remate.
m. 18: Gran xogada do Caranza pola banda, chegando á liña de fondo; centro e remate de volea de Killo que sae desviado.
m. 22: Erro no pase de Bule no medio campo; o balón chega a Torres que tira e Sergio consegue enviar a córner cando xa se cantaba o gol, pois o balón entraba polo ángulo.
m. 23: Córner lanzado polo Caranza; rexeita a defensa local e Kike dispara, despexando Sergio cos puños.
m. 24: Outra falta lanzada por Borja que tamén remata de cabeza Oli. O balón sae desviado.
m. 28: Ocasión para o Caranza. Á saída dun córner Emilio remata de cabeza e o balón estrélase no traveseiro.
m. 29: GOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA: Pase de Borja para Manu que entra na área e bate ao porteiro visitante de disparo cruzado.
m. 41: Falta lanzada por Torres, desde a banda, e Sergio atrapa.
m. 45: Tiro de Julio fóra, a un lado da portería.
m. 46: Disparo de Jose desde o borde da área que marcha por riba do traveseiro.
SEGUNDA PARTE
m. 2: Tiro de Keita desde a banda que sae alto.
m. 4: Lesión de Bubis no nocello.
m. 7: Gran intervención de Sergio ante Fran, só diante do porteiro.
m. 11: Córner que saca Julio ao segundo pau e Jauma remata moi forzado.
m. 22: GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA! Saca Sergio de portería, prolonga Oli de cabeza para atrás, e Jose, entrando na área, supera a Álex de tiro cruzado.
m. 25: Córner que saca o Caranza, remate de Keita de cabeza e parada de Sergio.
m. 27: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO DO NUMAN! Falta lanzada por Borja desde medio campo; remate de cabeza de Oli ao traveseiro e o rexeite engánchao outra vez Oli coa esquerda, conseguindo o terceiro gol.
m. 31: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO CARANZA! Penalti de Vicente que transforma Torres.
m. 33: Falta que saca Kike e Sergio non consegue chapar; o rexeite dá nun xogador do Caranza e pega no traveseiro; finalmente, despexa a defensa local.
m. 35: Ataque do Caranza que, primeiro Sergio, e despois a defensa, conseguen neutralizar.
m. 39: Córner que saca o Caranza en curto, centro e despexe de Oli no segundo pau de cabeza, cando entraban dous dianteiros ao remate.
m. 42: Falta que sacan os locais en medio campo; rexeite da defensa e Carlos, no borde da área, remata coa esquerda enviando o balón pegado ao poste.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.