AFECCIONADOS. A CAPELA, 2 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2009-2010. A Capela 2 - Numancia 2. Os CalzadosSÉTIMA XORNADA CONSECUTIVA PUNTUANDO.

  


Os Calzados, domingo 18 de abril de 2010.

31ª Xornada de Liga, 2ª Autonómica, Grupo 3º.

A CAPELA, 2 – NUMANCIA, 2.

ALINEACIÓNS:
A Capela: Monti, Mali (Felipe min. 72), Martín, Noel, Tino, Diego, Rubén, Raúl (Anxo min. 78), Viñas (Placido min. 63), Alex (Borja min. 34) e Mauro.
Numancia: Sergio, Costa (Pedro min. 57), Bule (Dani min. 72), Antón, Jauma, Oli, Alex, Rubén (Jesús min. 65), Manu (Vicente min. 46), Borja e Carlos.

GOLES:
0 – 1: 15 segundos Rubén.
1 – 1: min. 60 Mauro.
2 – 1: min. 69 Rubén.
2 – 2: min. 75 Alex.

COLEXIADO: Juan C. García García (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Diego de A Capela e Alex do Numancia.

MINUTO A MINUTO:
1ª Metade:
15 segundos: GOOOOOOOOOOOL DE RUBEN!, A CAPELA, 0 - NUMANCIA, 1. Forte disparo raso e axustado á base do pau de Rubén que supera a Monti.
M 4: disparo de Carlos que detén Monti.
M 8: libre directo que lanza Rubén e detén Sergio en dous tempos.
M 14: centro ao primeiro pau que prolonga Alex de cabeza ao pau contrario, onde Viñas só e a porta baleira incomprensiblemente falla.
M 20: boa xogada de combinación pola banda que inicia Borja e executan Alex e Oli, en catro toques alcanzan a área local, este ultimo centra pero un defensa consegue afastar o esférico.
M 25: pase en profundidade que supera á defensa numantina, recolle Mauro no bordo da área, ve a Sergio lixeiramente adiantado, intenta superalo de vaselina pero queda curta e o gardameta aresán detén sen problemas.
M 28: balón colgado a área local que remata Rubén moi forzado no segundo pau.
M 29: corner que bota A Capela e Alex remata de cabeza por encima do traveseiro.
M 33: forte disparo de Costa desde os tres cuartos de campo local que sae lixeiramente desviado.
M 34: cambio na Capela, sae Alex entra Borja.
M 35: saque desde a banda da Capela que pon o balón na área, Rubén remata alto.
M 43: libre directo que lanza Borja cerca do vértice da área, o balón sae rozando o traveseiro da meta local.

2ª Metade:
M 50: balón que colga Noel desde campo propio a área aresá, Raúl toca coa puta da bota e a punto esta de sorprender a Sergio que dubidou na saída.
M 57: cambio no Numancia, sae Costa entra Pedro.
M 58: remate de cabeza de Borja ao saque dunha falta que marcha fóra.
M 60: GOOOOOOOOOOOL DE MAURO!, A CAPELA, 1 - NUMANCIA, 1. Saque defectuoso de Sergio que dá nun dianteiro da Capela, este recolle o esférico no bordo da área e dispara rexeitando o gardameta aresán, o rexeite chega aos pés de Mauro que marca a porta baleira.
M 61: falta que colga Borja a área da Capela, Rubén remata de cabeza superando ao porteiro e cando xa se cantaba o gol un defensa local saca o balón baixo paus.
M 62: centro chute de Diego que Sergio rexeita de puños.
M 63: cambio na Capela, sae Viñas entra Plácido.
M 65: cambio no Numancia, entra Jesús sae Rubén.
M 66: centro chute de Raúl que Antón envía a corner.
M 68: internada de Carlos pola banda esquerda, alcanza a liña de fondo, revólvese entre dous defensas, pase atrás que remata Pedro en carreira e extraordinaria parada de Monti que envía a corner. Bótase o corner e a defensa local despexa de novo a corner. Vólvese botar de novo e a defensa local afasta o balón que chega a Borja, situado próximo á similuna, este remata segundo vénlle e o balón sae fóra preto da escuadra da meta local.
M 69: GOOOOOOOOOOOL DE RUBEN!, A CAPELA, 2 - NUMANCIA, 1. Centro ao bordo da área que os centrais aresáns non son quen de afastar, fórmase un pequeno rebumbio na semiluna do que sae beneficiado Rubén que de forte disparo raso e axustado á base do pau bate a Sergio.
M 71: corner que bota o Numancia e Oli remata alto.
M 72: cambio na Capela, sae Mali entra Felipe. Cambio no Numancia, sae Bule entra Dani.
M 75: GOOOOOOOOOOOLAAAAAAZOOOO DE ALEX!, A CAPELA, 2 - NUMANCIA, 2. Balón en profundidade de Oli ás costas dos defensas que recolle Alex, conduce pola esquerda intérnase na área, con pouco ángulo de tiro, de fortísimo disparo cruzado coa o balón por toda a escuadra. IMPARABLE para Monti.
M 77: remate de cabeza de Raúl á saída dun corner que sae rozando o traveseiro da portería aresá.
M 78: cambio na Capela, sae Raúl entra Anxo.
M 80: remate de cabeza de Noel ao saque dunha falta que marcha alto.
M 82: cartón amarelo a Diego da Capela.
M 83: libre directo que executa Dani pero vaise por riba do traveseiro da meta local.
M 85: cartón amarelo a Alex do Numancia.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.