AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - SOMOZAS B, 1

DOUS GOLES DE OLI DAN OS TRES PUNTOS
Vixésimo novena xornada de liga disputada en Prados Vellos. Un partido máis, os goles de Oli, ambos de cabeza, indican o peso deste veterán no equipo numantino.

Ares, 28 de marzo de 2010
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Kiko; Costa, Bule (Carlos, m. 63), García, Antón; Teti, Oli, Borja, Julio (Rubén, m.85); Jesús (Vicente, m. 46) e Manu.
SOMOZAS B: Trullo; Galego, Rubio, Junior, Marcos, Loure, Maikel, Juanín, Aguado (Cris, m. 68), Richar e Chicho (Santi, m. 60).
ÁRBITRO: David Saavedra. O único xogador amoestado foi García, en dúas ocasións, por tanto recibiu cartón vermello.
GOLES:
1 – 0 (m.46): Oli.
1 – 1  (m.51): Maikel.
2 – 1 (m.61): Oli
MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
m. 4: Centro de Costa que chapa o porteiro.
m. 8: Junior lanza unha falta e o balón sae próximo ao pau.
m. 16: Centro de Jesús, control de Oli e pase para atrás para Julio, que dispara pegado ao poste.
m. 18: Remate de Oli tras centro de Manu e desvía a defensa visitante.
m. 20: Borja lanza unha falta desde o lateral da área e Julio entra ao remate no primeiro pau. O balón vai fóra.
m. 21: Disparo de Borja desde fóra da área que sae desviado.
m. 35: Balón que centra Oli ao punto de penalti onde chega Borja que tira para que atrape o porteiro.
M. 37: Saque de banda do Somozas que mete o balón na área local; tras un agarrón de García o colexiado sinala penalti, lanza a pena máxima Aguado e para Kiko.
m. 40: Falta que saca Richar e tras tocar un dianteiro, o balón sae rozando o pau.
m. 43: Balón en profundidade para Julio; o porteiro non atrapa e Julio centra para Manu. O árbitro sinala falta.
SEGUNDA PARTE
m. 1: GOOOOOOOOOOOOOOOL DE OLI. Numancia, 1 – Somozas B, 0. Borja e Oli, protagonistas da acción: Borja saca o córner e pon o balón no punto de penalti para que Oli remate de cabeza a gol.
m. 6: GOOOOOOOOOOOOOL DO SOMOZAS B. Numancia, 1 – Somozas B, 1. Empate conseguido por Maikel de tiro cruzado, despois dun centro de Aguado e do erro de Bule no despexe.
m. 9: Falta ao borde da área que saca Richar desviado.
m. 10: Córner que saca Julio; o balón dá en García e para o porteiro.
m. 16: GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DE OLI. Numancia, 2 – Somozas B, 1. Unha vez máis, Borja lanza un córner ao segundo poste, Vicente cabecea ao centro da área pequena e Oli, tamén de cabeza, consegue o segundo gol.
m. 21: Disparo de Carlos que rexeita o meta do Somozas B, o balón pega no traveseiro e sae a córner.
m. 27: Que perigo nos córners! Agora foi Manu quen rematou o córner lanzado por Borja, e, de non ser pola excelente intervención do porteiro, sacando unha man, teríamos o terceiro gol.
m. 28: Disparo de Julio e parada do porteiro, enviando o balón a córner.
m. 30: Córner que saca o Somozas e remate de Loure de cabeza, moi forzado; o balón sae alto.
m. 46: Falta que saca Borja desde o medio campo, bombeada, e despexe do porteiro a córner.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.