Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - SAN SADURNIÑO, 3
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - SAN SADURNIÑO, 3

SUSPENSE ATA O ÚLTIMO SUSPIRO
Vixésimo sétima xornada de liga disputada en Prados Vellos. Co estreo non oficial das bancadas, unha vez máis o equipo local proporcionou aos seus siaeiros un final de infarto.  Ares, 14 de marzo de 2010
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Kiko; Costa, Bule, Álex, Jauma; Teti, Javi (Rubén, m.84), Oli, Dani (Carlos, m.56), Julio; Manu.
SAN SADURNIÑO: Marcos; Antón, Roberto, Óscar, Fran, Michel, Ángel (Pepe, m.69), Miguel, Germán, Pérez (Marco, m.62) e Alejo (Alberto, m.54).
ÁRBITRO: Santiago Graña, auxiliado por Alejandro Miño e David Toimil. No Numancia resultaron amoestados Costa e Oli; foron expulsados Julio e o adestrador Juan Alberto; polos visitantes, Pepe, Óscar e Germán recibiron cartón amarelo e Miguel, o vermello.
GOLES:
1 – 0 (m.12): Javi.
2 – 0 (m.13): Manu.
2 – 1 (m.41): Alejo.
2 – 2 (m.56): Álex.
3 – 2 (m.79): Carlos.
4 – 2 (m.87): Bule.
4 – 3 (m.89): Marco.
MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
m. 1: Xogada de Julio por banda con centro para Javi que controla e dispara coa esquerda, desviado.
m. 4: Pase de Javi a Julio que recorta e tira por riba do traveseiro.
m. 5: Tiro de Pérez desde fóra da área que chapa Kiko sen problemas.
m. 7: Córner sacado por Dani; rexeita a defensa e o balón vai parar de novo a Dani que dispara ao lateral da rede.
m. 8: Centro de Costa ao segundo poste onde controla Julio e dispara xunto ao poste.
m. 10: Tiro de Pérez desde fóra da área e despexe de Kiko a córner, con problemas.
m. 12: GOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA. 1 – 0. Pase de Manu para Javi, dentro da área,  que fusila a Marcos.
m. 13: GOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA. 2 – 0. Disparo de Manu que dá no brazo dun defensa visitante. Penalti que materializa o propio Manu.
m. 18: Córner que saca Michel e balón que se pasea por diante da portería numantina sen que ninguén chegue a tocar.
m. 23: Pase de Germán a Alejo que corta García, enviando a córner.
m. 25: Pase de Alejo a Álex, falla Bule no despexe e Jauma envía a córner.
m. 30: Falta que saca Dani enviando ao segundo pau; o balón pega en Manu e chapa o porteiro.
m. 34: Córner moi pechado lanzado por Dani; o gardarredes do Sansa desvía o balón coa man.
m. 36: Disparo moi desviado de Alejo.
m. 41: GOOOOOOOOOOOOOOL DO SANSA. 2 – 1. Alejo lanza unha falta directa e o balón impacta nun defensa local, desviando a súa traxectoria. Kiko non pode evitar o gol.
m. 43: Volea de Julio a centro de Jauma que marcha fóra.
SEGUNDA PARTE
m. 2: Mal remate de cabeza de Julio a centro de Javi.
m. 6: Michel lanza unha falta e Germán remata, despexando García a córner.
m. 7: Ao saque do córner, mal remate de Germán.
m. 11: GOOOOOOOOOOOOL DO SANSA. EMPATA O PARTIDO A DOUS GOLES. Falta directa lanzada por Álex. Kiko chega a tocar o balon pero non impide o gol do empate.
m. 15: Germán, vendo a posición adiantada de Kiko, proba fortuna pero o tiro sae desviado.
m. 18: Teti lanza unha falta que rebota na cabeza dun defensa e o balón vai a portería. Marcos consegue tocar coa man o suficiente para desviar o esférico que dá no traveseiro e sae a córner.
m. 21: Outra falta que saca Teti; balón para Manu que dispara e golpea nun defensa saíndo a córner. Lanza Julio o córner e remata Oli de cabeza, alto.
m. 25: Internada de Manu pola banda esquerda con centro raso para Carlos que só tiña que empuxar o balón para marcar o terceiro. Mala sorte para o chaval que non consegue golpear o balón.
m. 26: Agora é Julio quen dispara para que deteña Marcos, deixando o balón morto aos pés de Manu que lle pega moi alto.
m. 27: Julio lanza un córner e García remata de cabeza; o balón chega a Javi que golpea mal.
m. 30: Cesión de García a Kiko que ten despexar apuradamente ante a chegada de Germán.
m. 34: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN. 3 – 2. Adiántase o Numancia nunha xogada afortunada. Carlos intenta centrar un balón que se envenena e supera a Marcos, pega no poste e entra, aínda que o colle. O xuíz de liña dá gol ante as protestas dos xogadores visitantes.
m. 42: GOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN. 4 – 2 . Trallazo de Bule desde moi lonxe que dá no poste e entra. Golazo de Bule.
m. 44: GOOOOOOOOOOOOOOL DO SANSA. 4 – 3. Balón que chega a Marco, só no borde da área, e forte disparo que bate a Kiko.
m. 48: Xogada polémica na área do Numancia. O xuíz de liña levanta o banderín nunha internada do dianteiro visitante que cae empurrado por un defensa numantino. Sorprendentemente, o árbitro desautoriza ao seu auxiliar indicando falta a favor do Numancia e amoestando ao xogador do Sansa. Puido significar o empate a catro goles.
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.