AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - MANIÑOS, 3

POLÉMICA EN PRADOS VELLOS
Partido correspondente á vixésimo cuarta xornada de liga disputado en Prados Vellos. O Maniños remontou un 0 – 2 e gañou tres puntos importantísimos que o manteñen na loita polos primeiros postos.

Prados Vellos, 21 de febreiro de 2010 

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Kiko; Oli, Jauma, Antón, Vicente; Jose (Bule, m. 75), Teti, García, Julio; Manu e Pedrito.
MANIÑOS: Rodri; Marcos Sánchez (Luís, m. 59), Adrián, David, Casteleiro (Uxío, m. 69), Xabier Virutas, Marquitos, Charli (Álex, m. 85), Diego, Jomaca e Santi López.

ÁRBITRO: Ricardo Landrove. Tivo un partido moi difícil, con moitas xogadas  decisivas e complicadas. Amoestou polo Numancia a Vicente, Julio e García (en dúas ocasións, por tanto, expulsión) e expulsou directamente a Pedrito. No Maniños recibiron cartón amarelo, Adrián, David, Casteleiro e Xabier Virutas, este último tamén en dúas ocasións coa conseguinte expulsión. Tamén expulsou a Mahía, adestrador do Maniños.

GOLES:
1 – 0 (m. 36): Oli
2 – 0 (m. 65): Manu.
2 – 1 (m. 79): Adrián.
2 - 2 (m. 85): Matu.
2 – 3 (m. 90): Diego.

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
5: Saque de esquina de Jose e remata Manu de cabeza moi desviado.
8: Pase en profundidade de Marcos Sánchez ao que non chega Diego nin Marquitos e atrapa Kiko.
14: Xogada por banda e centro de Diego que despexa Vicente a córner. No saque, Casteleiro remata de cabeza por riba do traveseiro.
16: Falta lateral que remata Casteleiro, moi forzado, fóra.
18: Disparo de Jomaka desde fóra da área moi desviado, por riba do traveseiro.
22: Falta que se estrela na defensa, o rexeite vai a Marquitos que dispara alto.
30: Saque de porta de Kiko moi curto, o balón cólleo Diego e desde o borde da área dispara para que pare Kiko.
Ata este momento podemos falar dun dominio claro do Maniños que non se materializa na creación de ocasións claras. O medio campo visitante controla o partido e arriba, Diego, amósase coma o dianteiro máis perigoso.
33: Balón que recupera Teti con pase a Pedrito que dispara pegado ao poste. Foi unha ocasión clara para o Numancia.
36: GOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! Córner que lanza Pedrito ao segundo pau onde Vicente toca de cabeza e mete o balón na área pequena. Coma sempre, Oli, moi atento, anticípase á defensa e remata ao fondo das redes, conseguindo o 1 – 0.
43: Balón que recolle Jose no medio campo, entra ata o borde da área e tira moi desviado.
45: Gol anulado a Oli. Falta que saca Jose ao segundo pau. O balón pasa por riba da defensa do Maniños e chega a Manu que pasa ao centro onde Oli, de cabeza, marca a pracer.
Non merecía o Maniños marchar para o vestiario con dous goles en contra, visto o xogo destes primeiros corenta e cinco minutos. Aínda así, parece que o árbitro se equivoca na anulación deste gol.

SEGUNDA PARTE:
1: Pase de Jose a Teti que desde o borde da área dispara raso para que chape Rodri en dous tempos.
2: Internada de Diego que é derrubado dentro da área. Posible penalti non sinalado.
17: Gol anulado a Pedrito por suposto fóra de xogo de Manu, autor do pase.
18: Centro de Casteleiro que atrapa Kiko.
Expulsión de Xabier Virutas. O Maniños queda con dez xogadores, perdendo ao seu pivote e baluarte no medio campo.
19: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA! Entrada de Jose na área, pisa o balón e cae. O árbitro pita penalti nunha segunda acción que non observamos. Manu consegue o 2 – 0. Pónselle ben o partido aos locais, cunha vantaxe de dous goles e un xogador máis no campo.
20: Expulsión de Mahía tras protestar airadamente ao árbitro
21: Segundo cartón para García tras unha inxenua e innecesaria falta no medio campo. Expulsión que fai perder a superioridade numérica ao Numancia.
26: Gran xogada en contraataque local, pase de Manu a Julio, este dribla para o centro e de tacón deixa a Jauma só diante do porteiro. Podía regalar a Pedrito o terceiro gol pero decidiu tirar el mesmo e o balón sae polo lateral da portería. Increíble que non chegara o terceiro gol.
27: Pase de Jose para Julio que dentro da área regatea e tira ao primeiro pau onde detén Rodri.
Está perdoando o Numancia varias ocasións para pechar o partido. O Maniños está desaparecido.
28: Saque coa man de Rodri que recolle Teti. Vendo adiantado ao porteiro dispara mais o balón sae alto.
30: Pase de Jauma a Bule que centra moi pechado. Rodri ten que despexar cos puños a córner.
34: GOOOOOOOOOOOOOOOL DO MANIÑOS. Córner sacado desde a dereita que remata Adrián de cabeza, só na área pequena. Con este gol, o Maniños entra nun partido que tiña perdido claramente. 2 – 1 e once minutos por diante.
36: Falta lanzada por Pedrito que remata Vicente. O balón sae pegado ao poste.
40: GOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MANIÑOS. Empate a dous goles. Balón bombeado á área do Numancia que a defensa deixa caer. O balón chega a Matu que de volea bate a Kiko. Isto é fútbol. O Maniños empata o partido tras unha segunda parte sen crear ocasións de gol.
45: GOOOOOOOOOOOOOOOL DO MANIÑOS. No último minuto, e tras outro balon bombeado á área local, Diego controla e recibe (esta debeu ser a interpretación do colexiado) unha patada. Penalti. O propio Diego lanza a pena máxima que está a piques de parar Kiko e consegue o gol da vitoria. Tres puntos moi valiosos para os de Fene.
46: Expulsión de Pedrito. O árbitro sinala o centro do campo pero tras outra acción de Pedrito, indica cara os vestiarios e dá por finalizado o partido.
Triste final deste derbi, con expulsión e entrada ao terreo de xogo de distintas persoas pedíndo explicacións tanto do penalti sinalizado coma do remate do encontro.
Debemos reflexionar nun comentario final sobre as actitudes e xestos realizados por uns e outros. Entendemos que os dirixentes dos clubs deben ter un comportamento exemplar, non exteriorizar os seus sentimentos nin na vitoria nin na derrota porque teñen que entender que detrás súa vai unha afección á que resulta fácil conducir polos camiños perigosos da violencia e do enfrontamento.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.