Afeccionados. NUMANCIA, 0 – MANIÑOS, 2

Vitoria do Maniños nunha tarde na que estivo máis acertado có Numancia, e aproveitou as súas oportunidades....

 

NUMANCIA, 0 – MANIÑOS, 2

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio, Jose, Bule, César –Vicente-, Jaume –Rubén-, Teti –Dani- , Javi, Pedro, Oli, Borja, e Shuster –Costa-.
MANIÑOS: Roberto, Marcos, Santi, Adrián, Charli, Javi, Casteleiro, Uxío,Edu, Dani e Jomaka. Tamén xogaron Jose, Mato, Fran e Rubén.

COMENTARIO: Partido entre dous equipos situados nunha zona intermedia da clasificación, fiel reflexo da valía actual dos seus planteis. O primeiro gol do Maniños veu precedido dun córner concedido innecesariamente polo equipo de Juan Alberto, e cuxo saque rematou de cabeza, totalmente só dentro da área, Casteleiro. Un bonito gol que contou coa pasividade da defensa local. Tras o gol, o Numancia tivo dúas boas ocasións nas botas de Borja –disparo raso e cruzado que saiu rozando o poste- e de Javi. Hai que sinalar como nota negativa a lesión do central Jaume, un xogador castigado con lesións musculares, ao que lle desexamos unha boa recuperación. Precisamente, a substitución obrigada de Jaume obrigou a uns cambios de posición que levaron ao capitán Oli –un dos pilares do equipo- á posición de lateral esquerdo.
Na segunda metade, cando o resultado estaba no aire, e o Numancia desperdiciara outras dúas ocasións de gol en remates de cabeza de Javi, que tivo unha boa actuación aínda que non estivera afortunado nos remates, chegou un contraataque do Maniños cun balón dentro da área local que parecía non levar perigo, mais a indecisión dos defensas e o porteiro, permitiu a Edu empuxar o balón dentro das redes.
Con este segundo gol o partido entrou nunha fase de conformismo por parte de todos os xogadores ata que outras oportunidades de gol provocaron unha pequena reacción dos locais. A falta duns dez minutos, o partido quedou sentenciado coa expulsión de Jose, que xa recibira unha amoestación por unha dura entrada a un rival.
En definitiva, vitoria do Maniños nunha tarde na que estivo máis acertado có Numancia, e aproveitou as súas oportunidades. A destacar a seguridade que transmite o seu porteiro Roberto.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.