AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - MEIRÁS, 2

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - MEIRÁS, 2. XANEIRO 2010EMPATE CON SABOR A DERROTA
Partido correspondente á vixésima xornada de liga disputado en Prados Vellos cunha asistencia numerosa de afeccionados.

Prados Vellos, 24 de xaneiro de 2010

 

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio; Teti, Pedro (Oli,m.62), Antón, Vicente, Borja (Bule, m.71), Jose (Pedrito, m. 69), García, Manu, Javi e e Julio (Jesús, m. 90).
MEIRÁS:Óscar, Chape, Chipi, Borja Mesa (Bruno, m.74), Víctor, Adrián, Pablo Mesa (Eric, m. 62), Capi, Marcos Rubio, Pitu e Turu.
ÁRBITRO: Juan Carlos García. As amoestacións caeron case todas do bando local: Borja, Javi, Julio, Dani, Kiko e Pedrito, ademais da expulsión do adestrador Juan Alberto. Polo Meirás recibiu cartón amarelo Marcos Rubio.

GOLES:
1 – 0 (m. 20): Manu
2 – 0 (m. 60): Julio
2 – 1 (m. 73): Capi
2 - 2 (m.91): Eric

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
5: Xogada entrenzada por parte do Meirás e tiro frouxo de Capi que chapa Sergio sen problemas.
11: Falta sacada por Borja á área, controla Manu e disparo alto.
12: Pase lateral a Marcos Rubio que intenta unha vaselina ante a saída de Sergio, saíndo moi alta.
20: GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA. Centra Jose ao segundo poste onde Manu controla e fusila.
27: Falta directa lanzada por Marcos Rubio que para Sergio en dous tempos.
33: Pase de Jose a Teti. O disparo deste último rebota nun defensa e sae a córner.
38: Gol anulado a Julio por un suposto fóra de xogo (non era), tras pase de Borja.
40: Penalti a Javi que sofre unha zancadilla por detrás cando entraba só. As protestas de Juan Alberto foron castigas coa expulsión. Tamén recibiron cartón amarelo Bule e Kiko.

SEGUNDA PARTE:
5: Borja lanza unha falta que Javi remata de cabeza, saíndo o balón por riba do traveseiro.
12: Tiro de Turu desde fóra da área que sae alto.
15: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA. Combinación entre Borja e Julio que finaliza cun remate cruzado de Julio ao fondo das redes.
22: Falta sacada por Borja que remata Oli de cabeza, moi alto.
28: GOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MEIRÁS. Á saída dun córner o balón chega a Capi quen dispara e bate a Sergio. Reduce distancias o Meirás.
32: Saque de esquina e remate de Marcos Rubio a gol, utilizando a man. Falta e amoestación para o xogador de Meirás.
40: Remate de cabeza de Adrián moi  desviado, tras falta lanzada desde o córner.
46: GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DE ERIC. Co partido rematado, Eric engancha unha espectacular volea desde o borde da área e consegue o empate definitivo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.