PREVIA G. MUGARDOS B - NUMANCIA

SDR NUMANCIA. PREVIA MUGARDOS B - NUMANCIA. DECEMBRO 2009JUAN ALBERTO: MAÑÁ TEMOS UNHA OPORTUNIDADE DE RECONCILIACIÓN COA NOSA AFECCIÓN
Nas vésperas do partido contra o Galicia de Mugardos, charlamos co adestrador do Numancia, Juan Alberto. - Juan, que valoración fas dos últimos resultados?
- Disputamos tres partidos seguidos en Prados Vellos, e os resultados foron unha vitoria e dous empates. Observo unha evolución no noso xogo. Agora temos menos perdas de balón nas saídas pero tamén chegamos arriba con menos claridade, lanzando balóns longos. Aproveitamos máis as segundas xogadas. Ademais, cometemos máis faltas, somos máis agresivos no medio campo, aínda que esta faceta tampouco é que sexa sempre positiva, porque ao cometer máis faltas provocamos máis oportunidades para os rivais.
- Ese cambio no xogo, ten que ver coa ausencia de Borja?
- Seguro, Borja ten unha sobrecarga nos isquiotibiais e xa leva uns partidos sen poder xogar. El era o encargado de sacar os balóns desde atrás e ante a súa ausencia temos que buscar outras alternativas.
- Ademais de Borja, hai máis lesionados?
- Si, tamén temos a Rubén Ortega que, aínda que leva dúas semanas adestrando, non se dá recuperado. Ao remate dos adestramentos acaba cunha inflamación grande no nocello. Esta semana lesionouse Iván pero recuperamos a Vicente e a Oli. A mellor noticia é o posible debut mañá en Mugardos de Oli, ao que espero poder darlle minutos..
- Nos últimos partidos aparece nas alineacións Antón, un xuvenil. Como é futbolisticamente este rapaz?
- Antón ten unha gran virtude: limítase a que saber facer. Este rapaz  é bo nas coberturas, despraza ben en longo, é agresivo, anticípase e tamén é contundente. Con estas características, evita as segundas xogadas dos rivais.
- Como está o vestiario?
- Desde hai un mes, vexo á xente máis comprometida e a asistencia aos adestramentos é notable. Esta semana, o venres había 18 xogadores e o xoves uns 15.
- Nos últimos partidos non estás utilizando moito os reservas. Cal é a razón?
- No partido do Capela, co empate a cero no marcador, non vin no banquillo posibilidades de aportar melloras, e contra o Barallobre, cando necesitaba un xogador que nos dera posesión de balón tampouco dispoñía no banquillo dun xogador con esas características. Polo tanto, o desenvolvemento dos partidos é o que orixina os posibles cambios.
- Centrándonos do partido de mañá, en que momento chegan os dous equipos?
- Os dous conxuntos atravesamos por unha etapa frouxa. O Galicia foi de máis a menos e nós non somos capaces de alcanzar esa melloría necesaria.
- Que nos dis do Galicia?
- No partido de pretemporada encantoume. En Ares ofreceron un partido moi solidario no esforzo colectivo e moi agresivos. Para o partido da Pedreira preocúpanme  Lestón e Jose, dous xogadores que se queren poden ser dos mellores da categoría no seu posto. Tamén me preocupa a presión que poden realizar no medio campo e, como non, o estado do campo.
- Mugardos – Ares, un partido de rivalidade que sempre motiva. Opinas que influirá esta circunstancia?
- A rivalidade sempre é un estímulo a favor. Será unha oportunidade de poder brindarlles unha alegría á nosa afección. Tamén é certo que, gañe quen gañe neste partido, tampouco poderá sacar peito, dado o momento dos dous equipos.
- É a liga, parece que hai tres equipos que se marchan...
- Claramente, a liga é a competición da regularidade e o Perlío, San Pablo e Maniños son os máis regulares polo que, de continuar así serán os equipos que se disputarán as dúas primeiras prazas.
A convocatoria de mañá rexistra a novidade de Oli. A relación dos dezaseis xogadores citados é a seguinte:
Porteiros: Sergio e Kiko.
Defensas:  Fernando, Vicente, Antón, Pedro, Jauma  e Bule.
Medios: Javi, Jose, Julio, Teti, García, Oli.
 Dianteiros: Manu, Pedrito,
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.