AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA - CEDEIRA

SDR NUMANCIA. PREVIA NUMANCIA-CEDEIRA. 28 NOVEMBRO 2009COSTA: "SON UN XOGADOR COMPROMETIDO CO EQUIPO"

Costa, na súa segunda temporada coma afeccionado, é un dos rapaces que está a pedir paso no Numancia, entrando xa nas convocatorias estas últimas semanas.

- Costa, cal é a túa posición preferida no campo?
De defensa, dáme igual de lateral que de central.
- Como te definirías como xogador?
Un xogador comprometido co equipo e traballador.
- Despois de varias lesións, como estás agora?
Xa me recuperei, aínda que me doe algo despois de xogar. O que me falta é coller forma física, porque despois de estar tempo sen xogar perdín o ritmo de competición.
- Costa, como respira o vestiario ante este inicio de temporada?
No equipo estamos todos comprometidos e levámonos moi ben, pero tras perder tantos partidos e estar abaixo na clasificación, sempre hai algo de tensión.
- Recibides moitos goles, falla a defensa¬?
Non falla só a defensa, senón todo o equipo. Penso que temos que ter máis concentración nas tarefas defensivas, pois non é normal que nos metan tantos goles e, aínda encima, por fallos nosos.
- Despois de dúas derrotas consecutivas, unha terceira seria unha catástrofe?
Si, na miña opinión temos que gañar os partidos que nos quedan de ano, pois xa perdemos demasiados puntos.
- Consideras que se está a acusar demasiado a baixa de Oli?
Non é a razón principal pola que estamos a xogar mal, pero un xogador coma el sempre se nota en calquera equipo. Espero que se recupere pronto e poida axudar ao equipo.
- Ves algunha solución a esta mala temporada?
A solución é que hai que botarlle ganas nos partidos e dar o máximo. Nos partidos de casa hai que ser máis regulares, temos que gañar partidos.
- Este domingo vén un Cedeira a seis puntos. Confíades nun resultado positivo?
Estou convencido de que o equipo sairá a gañar e con ganas, e espero que nos acompañe a sorte de cara ao gol. Será un partido complicado e moi igualado.
- Que temes do rival, algún xogador ou o bloque?
Non coñezo a ningún xogador en especial, pero cando un equipo está arriba é por algo.
- Como ves esta 2ª autonómica, aguantará o Perlio esta racha de vitorias?
O Perlío non vai aguantar ese nivel toda a temporada, todos os equipos pasan por unha mala racha. Aínda así, polo momento é o favorito.
- Ademais do Perlío, que outros equipos poden disputar as primeiras prazas?
A liga é moi longa e aínda quedan moitos partidos, e penso que a clasificación non será coma agora.
Outro equipo que me gustou bastante foi o Valdoviño, xogaban o balón durante todo o partido.
- Que xogadores destacarías nesta categoría?
Dos partidos que xogamos, gustoume Fornos (Perlío) e Sebas (Valdoviño).

 

Á finalización do adestramento deste venres, Juan Alberto convocou aos seguintes xogadores para o domingo, na que destaca a presenza do xuvenil Antón:
Sergio, Kiko, Bule, García, Vicente, Costa, Jaume, Teti, Javi, Dani, Julio, Jose, Manu, Pedrito, Fernando e Antón.
Seguen de baixa por lesión: Oli, Ortega e Borja.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.